Juan Sebastián Verón, alcumado La Brujita, nado o 9 de marzo de 1975 en La Plata, é un exfutbolista e dirixente deportivo arxentino. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección arxentina. É fillo do tamén futbolista Juan Ramón Verón, alcumado "La Bruja". Dende abril de 2024 é o presidente do Club Estudiantes de La Plata.
Traxectoria Debutou en Estudiantes de La Plata, dende alí xa se revelaba como un xogador distinto, con clase, pola súa gran técnica, pases precisos e especialidade en tiros de falta. O seu posto é de voante organizador, como dobre 5 tendo ó lado a un xogador de marca. O ano do seu debut en primeira o seu equipo descendeu ó Nacional B. Foi unha das figuras nesa tempada no ascenso e formou parte dun equipo con gran nivel que logrou o campionato Nacional B 95/95 con folgura. Devolvida na máxima categoría e cuns poucos partidos xogados foi transferido a Boca Juniors por algo máis de 2 millóns de dólares.
Tralo seu paso por Boca Juniors, onde rematou por confirma-la súa clase, Verón pasa a Italia e aséntase na Sampdoria. Logo foi traspasado ó Parma, onde tivo un regular percorrido e remata por recalar na Lazio, onde gañou un Scudetto e unha Copa Italia na tempada 1999-2000.
En 2001 é mercado polo Manchester United FC de Inglaterra pola cantidade de 42,5 millóns de euros , e gaña a Liga na tempada 2002-03 .En verán de 2003 é traspasado ó Chelsea a cambio de 22,5 millóns de euros. No club londiniense só disputa 7 partidos de liga , nos cales anota 1 gol, debido a unha lesión. En 2004 foi cedido ó Inter de Milán italiano, onde xogou ata finaliza-la tempada 2005-06. A partir dese momento, o seu pase foi adquirido novamente polo club que o viu nacer, Estudiantes de La Plata.
Selección nacional Pola Selección xogou os Mundiais de 1998 e 2002 e 2010.
Categoría:Futbolistas da Arxentina Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:FIFA 100 Categoría:Xogadores do Club Estudiantes de La Plata Categoría:Xogadores do CA Boca Juniors Categoría:Xogadores do UC Sampdoria Categoría:Xogadores do Parma FC Categoría:Xogadores do SS Lazio Categoría:Xogadores do Manchester United FC Categoría:Xogadores do Inter de Milán Categoría:Xogadores do Chelsea FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol da Arxentina Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1998 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2002 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2010 Categoría:Presidentes de clubs de fútbol