Alphonse Joseph Charles Dubois, máis coñecido como Alphonse Dubois, nado o 18 de outubro de 1839 en Aix-la-Chapelle (daquela Aachen, en galego Aquisgrán), e finado o 1 de xuño de 1921 en Koksijde, Flandres Occidental (Bélxica), foi un naturalista, especializado en zooloxía, especialmente en ornitoloxía, e ilustrador belga.

Traxectoria A súa familia paterna procedía de Francia. O último antepasado francés de Alphonse foi François Dubois, nado en París en 1726, que máis tarde traballou como mestre en Darmstadt. Os demais descendentes vivían en Alemaña, en Prusia. Pouco despois do nacemento de Dubois, o seu pai, Charles Frédéric Dubois, trasladouse a Bruxelas coa súa familia. Alphonse Dubois viviu alí durante a maior parte da súa vida e asquiriu a nacionalidade belga en 1874. Alí recibiu a súa educación básica e económica no ensino medio e a súa formación en humanidades no instituto (Athénée). Estudou na Universidade Libre de Bruxelas, onde se doutorou en Ciencias Naturais.

En 1869 foi nomeado conservador do departamento de vertebrados do Museo Real de Historia Natural de Bruxelas.

Traballou co seu pai, Charles Frédéric Dubois, na redacción de Les Oiseaux de l'Europe et leurs œufs, completándoa despois da morte do seu pai. O libro estaba en dous volumes, e o segundo consistía en ilustracións de Dubois.<ref>Anón. (1921). "Obituary". Ibis 63 (4): 730–731.</ref>

Dubois foi tamén o autor os dous volumes de La Faune illustrée des Vertébrés de la Belgique.

Alphonse Dubois foi membro honorario da American Ornithologists' Union, director xeral da Société ornitologiquique de la Belgique, presidente honorario da Société ornitologiquique du Centre de la Belgique, membro da Société zoologique de France desde a súa fundación en 1876, membro de honra da Société zoologique d'Amsterdam, do Centro Ornitolóxico Húngaro, e da Ligues Royale Belge. Ademais, foi membro correspondente da Real Sociedade Zoolóxica de Londres e da Société nationale des sciences naturelles et mathématiques de Cherbourg, e membro do comité ornitolóxico internacional e da comisión de estudos do Museo Nacional co Congo Belga.

En 1885 foi nomeado cabaleiro da Orde de Leopoldo. En 1894 recibiu a Orde ao Mérito Civil, de primeira clase, e en 1905 a Orde de Leopoldo II.

Honores Epónimos Gustav Hartlaub honrouno ao nomear a subespecie Ploceus melanocephalus duboisi. Así mesmo, William Lutley Sclater fíxoo ao nomear a subespecie Bycanistes fistulator duboisi.

Abreviatura A abreviatura Dubois emprégase para recoñecer a Alphonse Joseph Charles Dubois como autoridade na descrición e taxonomía e n zooloxía.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Marcel de Contreras (1914): "La manifestation Dubois". En: Le Gerfaut - Revue belge d'Ornithologie 4 (8): 118–122. Laurent Coopman (1921): "Mort de M. Alphonse Dubois". En: Le Gerfaut - Revue belge d'Ornithologie 11 (2): 37. William Lutley Sclater (1921): "Obituary Alphonse Dubois". En: The Ibis. Serie 11 3: 730–731- William Lutley Sclater (1922): "Notes on the nomenclature and taxonomy of African birds (nº 2)". En: Bulletin of the British Ornithologists' Club. 42 (264): 44–47. Theodore Sherman Palmer (1922): "Report of the Secretary". En: The Auk 39 (1): 95–99. Gustav Hartlaub (1886): "Trois nouvelles espèces d’oiseaux rapportées des environs du lac Tanganya (Afrique Central) par le Captaine Ém. Stroms". En: Bulletin du Musée royal d’histoire naturelle de Belgique. 4: 143–146. Dean Amadon (1950): "What Is Spizaëtus Devillei Dubois?" En: The Auk'' 67 (2): 235–236.

Categoría:Científicos de Bélxica Categoría:Ornitólogos de Bélxica Categoría:Alumnos da Universidade Libre de Bruxelas Categoría:Nados en Aquisgrán Categoría:Nados en 1839 Categoría:Finados en 1921