Inez Fung, nada no Hong Kong británico o 11 de abril do 1949, é unha climatóloga e profesora de ciencias da atmosfera na Universidade de California en Berkeley, onde desenvolveu actividades académicas no Departamento de Ciencias da Terra e Planetarias, e no de Ambiente, Políticas e Manexo. Tamén é codirectora do Instituto Berkeley do Ambiente.

Fung obtivo o seu doutoramento en Ciencias polo MIT en 1977 baixo a supervisión de Jule Gregory Charney, coa tese titulada: «The organization of spiral rainbands in a hurricane».Dende entón traballou principalmente na modelaxe climática, os ciclos bioxeoquímicos e no cambio climático. Durante a década de 2000 foi coautora nos informes terceiro e cuarto informe de avaliación do Grupo intergobernamental sobre o cambio climático (IGCC).

No 2006, uniuse a outros 17 climatólogos para completar un amicus curiae no caso xudicial do Estado de Massachusetts contra a Axencia de Protección Ambiental dos Estados Unidos para argumentar a necesidade de que esta institución regulase as emisións de dióxido de carbono.

Premios e recoñecementos Membro da Royal Society, da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos, da Unión Xeofísica Americana e da Sociedade Meteorolóxica Americana.

(1989) Medalla NASA Exceptional Scientific Achievement (1991): Premio NOAA Distinguished Authorship (1992) Membro NASA Goddard Senior (2004) Medalla Roger Revelle, da Unión Xeofísica Americana

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web de Inez Fung As súas opinións en YouTube

Categoría:Nados en 1950 Categoría:Nados en Hong Kong Categoría:Climatólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts Categoría:Profesores da Universidade de California, Berkeley Categoría:Membros da Royal Society Categoría:Científicos dos Estados Unidos de América