Alpharita Constatia Marley (de solteira Anderson), nada en Santiago de Cuba o 25 de xullo de 1946, é unha cantante cubana, nacionalizada xamaicana, célebre por ser a esposa de Bob Marley e integrante do grupo I Threes, que facía voces de apoio para o músico de reggae.

Traxectoria miniatura|200px|Rita (centro) xunto coas I Threes Rita naceu en Santiago de Cuba, filla de Leroy Anderson e Cynthia “Beda” Jarrett. Creceu nos arredores de Beachwood AvenueDixon da cidade de Kingston, Xamaica. Rita foi criada pola súa tía Viola en Greenwich Park Road.

A mediados da década de 1960, Rita coñeceu a Bob Marley despois dunha reunión con Peter Tosh. Posteriormente sóubose que ela era unha cantante convidada para unha proba para os Soulettes, máis tarde coñecidos como I Threes. O grupo incluíu a Rita, o seu primo Constantine "Dream" Walker e Marlene "Precious" Giffordwas. Bob converteuse no mentos e xerente do grupo, e traballando xuntos, el e Rita namoráronse.

Casaron o 11 de febreiro de 1966. Non obstante, díxose que a razón para o matrimonio era un xeito de facer máis doado que Rita emigrase aos Estados Unidos. Bob debeu decidir que non quedaría máis en Xamaica e ía ir vivir aos Estados Unidos despois dunha visita coa súa nai a Delaware.

Rita foi criada como cristián, mais involucrouse no movemento rastafari antes de testemuñar estigmas durante a visita de Haile Selassie a Xamaica o 21 de abril de 1966. Non obstante, permaneceu como membro activo da Igrexa Ortodoxa de Etiopía.

Trala morte de Marley gravou álbums co seu nome, algúns deles con éxito no Reino Unido. En 1986, Rita tomou a decisión de transformar a casa de Bob Marley no Museo Bob Marley. Tamén foi a fundadora e presidenta da Fundación Robert Marley, Bob Marley Trust, e o Grupo de Empresas Bob Marley. En 2000 fundou a Rita Marley Foundation. Adoptou 35 nenos en Etiopía e atendeu máis de 200 na Escola Metodista de Konkonuru, en Ghana, onde tamén asumiu o compromiso de causar un impacto positivo nas súas vidas.

Discografía 1980: Rita Marley - Trident 1981: Who Feels It Knows It - Shanachie 1988: Harambe (Working Together for Freedom) - Shanachie 1988: We Must Carry on - Shanachie 1990: Beauty of God's - Shanachie 1990: Good Girls Cult - Shanachie 1990: One Draw - Shanachie 2003: Sings Bob Marley...and Friends - Shanachie 2004: Play Play - Universal Music

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial Biografía en Starpulse.com Biografía en VH1

Categoría:Nados en Santiago de Cuba Categoría:Nados en 1946 Categoría:Cantantes de Cuba Categoría:Cantantes de Xamaica