Heriberto Fuertes Gómez, finado na Caniza en agosto de 1948, foi un médico e político galego.
Traxectoria Fillo de Gerardo Fuertes e María Gómez. Foi un dos promotores con Modesto Álvarez Vázquez, José Benito González Álvarez e Emilio Rodríguez Arias do periódico Nueva Cañiza.El Pueblo Gallego, 7-1-1930, p. 9. Médico da Caniza, na Segunda República foi elixido concelleiro da Caniza.El Tea, 13-6-1931, p. 2-3.El Pueblo Gallego, 12-2-1933, p. 13. Presidente de Izquierda Republicana da Caniza, foi proposto polo Bloque Popular de Izquierdas como alcalde en abril de 1936.El Pueblo Gallego, 5-4-1936, p. 9. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e encarcerado en Vigo. En 1939 pasou a ser médico do Hío.Boletín Oficial del Colegio Provincial de Médicos de Pontevedra, 1-11-1939, p. 2. Foi nomeado médico de asistencia pública domiciliaria de Covelo en 1942,El Pueblo Gallego, 14-7-1942, p. 6. e de Crecente en 1945.El Pueblo Gallego, 24-11-1945, p. 6. Finou nun accidente de tráfico a principios de agosto de 1948, cando regresaba de certificar unha morte.El Pueblo Gallego, 6-8-1948, p. 2.El Pueblo Gallego, 8-8-1948, p. 2.
Vida persoal
Casou na Caniza con Nazareth Bacelar Queimadelos, filla de Antonio Bacelar Vesteiro, en 1928,El Ideal Gallego, 20-12-1928, p. 2. e foi pai de José Gerardo, Juan, Heriberto Alejandro e Carlos Antonio Fuertes Bacelar. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Heriberto A. Fuertes Bacelar, una vida dedicada a la colonia
Categoría:Médicos de Galicia Categoría:Concelleiros da Caniza
Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en ano descoñecido
Categoría:Finados en 1948 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados en accidente de tráfico