Alpheus Spring , tamén coñecido como Alpheus Spring Packard Jr. para distinguilo do seu pai, nado o 19 de febreiro de 1839 en Brunswick, Maine, e finado o 14 de febreiro de 1905 en Providence, Rhode Island, foi un entomólogo, paleontólogo, profesor universitario estadounidense (e tamén cirurxián na guerra civil).

Traxectoria Packard era fillo de Alpheus Spring Packard Sr. e irmán de William Alfred Packard. Foi profesor de Zooloxía e Xeoloxía na Universidade Brown en Providence, Rhode Island, desde 1878 até a súa morte. Destacou como un dos defensores do neolamarckismo durante a eclipse do darwinismo.

O seu traballo principal foi a taxonomía e a anatomía dos artrópodos, e as achegas á entomoloxía económica, á zooxeografía e á filoxenia e metamorfoses dos insectos. Packard foi nomeado para a Comisión Entomolóxica dos Estados Unidos en 1877, onde serviu con Charles Valentine Riley e Cyrus Thomas.

Escribiu libros de texto escolares, como Zoology for High Schools and Colleges (undécima edición, 1904). A súa Monograph of the Bombycine Moths of North America publicouse en tres partes (1895, 1905 e 1915).

En 1878 foi elixido membro da American Philosophical Society."APS Member History". En search.amphilsoc.org.

Packard describiu máis de 500 novas especies animais, especialmente bolboretas e avelaíñas, e foi un dos fundadores da revista The American Naturalist.

Morte Alpheus Spring Packard Jr. faleceu en Providence, Rhode Island o 14 de febreiro de 1905.

Algunhas obras Report on the insects collected on the Penobscot and Alleguash Rivers, during August and September, 1861, Sixth Annual Report of the Secretary of the Maine Board of Agriculture, Augusta, Maine (pp. 373-376) (1861) Guide to the Study of Insects (1869; third edition, 1872) The Mammoth Cave and its Inhabitants (1872), with F. W. Putnam Life-History of Animals (1876) A Naturalist on the Labrador Coast (1891) Lamarck, the Founder of Evolution: His Life and Work (1901), Tradución ao francés en 1903.

Abreviatura A abreviatura Packard emprégase para recoñecer a Alpheus Spring Packard como autoridade na descricón e taxonomía e zooloxía.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Científicos dos Estados Unidos de América Categoría:Entomólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Zoólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade Harvard Categoría:Profesores da Universidade Brown Categoría:Nados en Maine Categoría:Finados en 1905