King Kong é un filme estadounidense de aventuras de 1933 que trata sobre a aparición dun simio xigante nunha illa perdida. En certa medida o filme é debedor da situación económica e social xerada polo crac da Bolsa en outubro de 1929.

Foi emitido na TVG o 2 de febreiro de 2013.La Voz de Galicia, 2 de febreiro de 2013. Páxina 52.

Resumo Un equipo de cinema levanta áncora rumbo a unha illa ignota (Skull Island) na busca dun misterioso ser chamado Kong. Na illa descobren unha civilización perdida que rapta a atractiva Ann Darrow, a actriz protagonista, para ofrecela en sacrificio ritual a Kong, que resulta ser un xigantesco gorila.

Kong adquire unha estraña atracción por Ann e deféndea do ataque de dinosauros e outros animais prehistóricos antes de ser reducido pola expedición. Inmediatamente decidirase transportar o abraiante simio a Nova York, para ser exhibido publicamente. O contacto de King Kong cun mundo que non é o seu e o amor que sente por Ann son o motor de gran parte do filme.

Equipo Dirixido por Merian C. Cooper e Ernest B. Schoedsack, contou coa inestimable colaboración do experto en efectos especiais Willis O'Brien (mestre e precursor de Ray Harryhausen, o "mago" das animacións nas producións da Hammer británica).

O argumento e de Merian C. Cooper e Edgar Wallace e a dirección artística de Carroll Clark, Alfred Herman

A actriz protagonista foi a canadense Fay Wray, quen alcanzou o éxito en 1928 con The Wedding March, dirixida polo austríaco Erich von Stroheim.

Remakes John Guillermin realizou en 1976 un remake de escaso éxito. O cineasta Peter Jackson realizou unha versión de éxito, cun estilo visual moi propio do director e con máis acción e aventuras que a versión de 1933.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas King Kong (Peter Jackson 2005) King Kong (Merian C. Cooper / Ernest B. Schoedsack. 1933)en www.trendesombras.com King Kong (Peter Jackson, 2005)en www.trendesombras.com

Categoría:Filmes de 1933 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en branco e negro Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes producidos por David O. Selznick Categoría:Filmes con banda sonora de Max Steiner Categoría:Filmes sobre primates Categoría:Filmes de monstros Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1933 con versión en galego