miniatura|250px|Lepidurus arcticus Lepidurus é un xénero de pequenos crustáceos da clase dos branquiópodos, orde dos notostráceos, un dos dous que comprende a súa única familia, a dos triópsidos.Lepidurus Leach, 1819 no WoRMS. Consultado o 5 de marzo de 2022.Leach, 1819 no GBIF. Consultado o 5 de marzo de 2022.

É o máis grande dos dous xéneros existentes na familia, (o outro é Triops). Encóntranse habitualmente nas lagoas temporais primaverais e sobreviven aos períodos de seca grazas aos seus ovos en repouso de longa duración.

Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1819 polo zoólogo e biólogo mariño inglés William Elford Leach, nun traballo publicado en Dict. Sci. Nat., 14: 539.Lepidurus en "Official Lists and Indexes of Names in Zoology". 31 de marzo de 2012. Consultada o 5 de maro de 2022.

Etimoloxía O nome científico Lepidurus está formado pola unión dos elementos do latín científico lepid- e -urus. O primeiro está tirado do grego antigo λεπίσ lepís, "escama", e o segundo deriva do grego antigo οὐρά ourá, cola.Lepidurus no Merriam-Webstr Dictionary. Literalmente: "os que teñen escamas na cola".

Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tameén polos sinónimos: Apus Cuvier, 1798 Apus Cuvier, 1800 Monops Billberg, 1820 Prolepidurus Tchernyshev, 1940

Especies Na actualidade recoñécense deno do xénero as seguintes especies:

Lepidurus apus Linnaeus, 1758 Lepidurus arcticus Pallas, 1793 Lepidurus batesoni Longhurst, 1955 Lepidurus bilobatus Packard, 1883 Lepidurus couessii Packard, 1875 Lepidurus cryptus Rogers, 2001 Lepidurus lemmoni Holmes, 1894 Lepidurus lubbocki Brauer, 1873 Lepidurus mongolicus Vekhov, 1992 Lepidurus packardi Simon, 1886 Lepidurus patagonicus Berg, 1900 Lepidurus viridis Baird, 1850

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Braquiópodos Notostráceos

Ligazóns externas Chip Hannum & Stuart Halliday: Especies. En MyTriops. Arquivado dende o orizinal o 6 de outubro de 2011. Consultado o 3 de marzo de 2012. Lepidurus na EOL.

Categoría:Braquiópodos