Richard Harrison Truly, nado en Fayette (Mississippi) o 12 de novembro de 1937 e finado o 27 de febreiro de 2024, foi un astronauta estadounidense e vicealmirante da Armada dos Estados Unidos que formou parte das misións STS-2 e STS-8.

Traxectoria Truly graduouse en enxeñaría aeronáutica no Instituto de Tecnoloxía de Georcia en 1959. Graduouse como aviador naval na escola de voo o 7 de outubro de 1960 e pasou a formar parte do corpo de astronautas da NASA en agosto de 1969. Participou nas misións STS-2 e STS-8, pasando un total de 8,31 días no espazo. Deixou a NASA en 1983 para pasar a ser o primeiro comandante do Mando Espacial Naval. Foi administrador da NASA entre 1989 e 1992.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-2 STS-8

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1937

Categoría:Finados en 2024

Categoría:Nados en Mississippi