Dólar do busto drapeado (1º modelo) "1 Dollar "Draped Bust Dollar" small eagle". Numista.com150x150px150x150pxBusto drapeado cara á dereita, rodeado por 15 estrelas. LIBERTY na parte superior. Data no exergo.Aguia coas ás abertas ollando cara á dereita, dentro dunha coroa vexetal. Lenda: UNITED STATES OF AMERICA. Valor: 1 dólar. Gravador: Robert Scot. Data do deseño: 1795. Datas de emisión: 1795-1798. Ceca: Casa da Moeda dos EEUU (ceca de Filadelfia). Aliaxe: prata (89,24 %) e cobre (10, 76 %). Diámetro: 39 mm. Peso: 26,96 g. Canto: HUNDRED CENTS ONE DOLLAR OR UNIT.
O dólar do busto drapeado (en inglés: Draped Bust dollar) é unha moeda estadounidense con valor dun dólar, cuñada en prata entre 1795 e 1803 na Casa da Moeda de Filadelfia. A partir da década de 1830 producíronse recuñaxes que amosan a data de 1804.
Trátase da segunda moeda dun dólar estadounidense, sucesora da coñecida como "dólar do cabelo solto".
Descoñécese a identidade do seu deseñador e da modelo do anverso, aínda que tradicionalmente atribúenselles, respectivamente, ao artista Gilbert Stuart e á dama da alta sociedade de Filadelfia Ann W. Bingham.
En outubro de 1795, Elias Boudinot, acabado de nomear como director da Casa da Moeda dos Estados Unidos, ordenou que se utilizase para a moeda dun dólar unha pureza de prata do 89,2 %), no canto da non autorizada do 90 %, que era a que se viñera utilizando desde que se comezou a cuñar a moeda dun dólar en 1794. Debido en gran medida á diminución da cantidade de prata depositada na Casa da Moeda de Filadelfia, a cuñaxe de dólares de prata diminuíu ao longo dos derradeiros anos do século XVIII. Finalmente, en 1804 detívose a produción de dólares de prata, aínda que a derradeira data quen aparece nas moedas de circulación estándar é a de 1803.
En 1834, retomouse temporalmente a produción dos dólares de prata, co fin de subministrar a unha misión diplomática en Asia xogos especiais de moedas cun acabamento especial (proof), para serviren como agasallo diplomático. Os funcionarios creron, erroneamente, que a última data que aparecía nos dólares da emisión regular fora a de 1804, o que os levou a utilizar esa data, en lugar do ano en que, efectivamente, se produciron estas recuñaxes.
A serie completa de moedas co deseño do busto drapeado, emitida entre 1795 e 1807, abrangue os seguintes valores: ½ cent e 1 cent en cobre, e 5 cents, 10 cents, 25 cents, ½ dólar e 1 dólar en prata."Draped Bust series". Numista.com
Antecedentes
A cuñaxe do dólar de prata nos Estados Unidos comezou xa en 1794 co coñecido como "dólar do cabelo solto", inmediatamente despois da construción e da dotación de persoal da Ceca de Filadelfia. A Lei da Moeda de 1792 esixía que a moeda de prata se cuñase cunha aliaxe composta por un 89,2 % de prata e un 10,8 % de cobre.Julian, R. W. (1993). Páxina 30. No entanto, os funcionarios da ceca amosáronse reticentes a cuñar moedas con esa finura tan pouco habitual, polo que decidiron cuñalas cunha aliaxe non autorizada do 90 % de prata. Isto provocou que os depositantes de prata perdesen diñeiro cando se cuñaba o seu metal.Julian, R. W. (1993). Páxina 35.
Durante o segundo ano de produción do dólar do cabelo solto, decidiuse dotar dun novo deseño a moeda dun dólar de prata.Julian, R. W. (1993). Páxina 40. Descoñécese quen impulsou este cambio, aínda que o investigador numismático Robert W. Julian especula con que H. W. de Saussure, que acababa de ser nomeado director da Casa da Moeda o 9 de xullo de 1795, foi quen o ordenou, xa que declarara o seu propósito de redeseñar toda a moeda estadounidense como un dos seus obxectivos no momento de asumir o cargo.Julian, R. W. (1993). Páxina 219. O deseño do cabelo solto, xa que logo, que carecía ademais de aceptación popular, foi suprimido no mesmo 1795.
Deseño miniatura|221x221px|Esbozo dun retrato de Anne Willing Bingham en 1785, aos seus 21 anos, obra de Gilbert Stuart, no que se supón que o gravador xefe da US Mint, Robert Scot, se baseou 10 anos despois para o anverso do dólar do busto drapeado.
Aínda que non se coñece con certeza o deseñador da moeda, habitualmente recoñécese como tal o pintor estadounidense Gilbert Stuart (1755-1828), considerado como un dos mellores retratistas do país. O que foi director da Casa da Moeda dos Estados Unidos entre 1853 e 1861, James Ross Snowden, comezou a investigar os primeiros anos da historia da Casa da Moeda durante a década de 1850, para o que entrevistou a descendentes de Stuart, que afirmaron que o seu antepasado fora o deseñador do dólar do busto drapeado.
Suxeriuse tamén que Ann Willing Bingham (1764-1801), unha dama da alta sociedade de Filadelfia, posou como modelo para o anverso da moeda. O gravador xefe da Casa da Moeda, Robert Scot, e o seu director, De Saussure, aprobaron diversos esbozos e enviáronllos ao presidente George Washington e ao daquela secretario do Tesouro, Thomas Jefferson, para obter a súa aprobación.Julian, R. W. (1993). Páxina 41.
Logo de aprobados os esbozos, os deseños enviáronselle ao artista xermano-estadounidense John Eckstein (1735-1817) para que os convertese en modelos de xeso, xa que naquel tempo os moldes de xeso se utilizaban como guía para, a partir deles, labrar os cuños, operación que se facía á man. Eckstein, a quen o numismático Walter Breen considera un "artistucho local"Breen, W. (1988). Páxina 425. e que un artista da súa época considerou como "absoluto escravo", polo feito de vivir das encargas que lle facían, recibiu trinta dólares polo seu traballo de preparación dos modelos do anverso e do reverso.Taxay, Don (1983) . Páxina 106. Despois de creados estes modelos de xeso, os gravadores da Casa da Moeda, entre eles Scot, comezaron a crear os cubos que se utilizarían para facer os cuños das novas moedas.
Produción esquerda|miniatura|223x223px|Henry William de Saussure era o director da Casa da Moeda dos Estados Unidos cando comezou a produción do dólar de busto draepado.
Non se coñece con exactitude cando comezou a produción deste novo deseño, xa que nesa época non se levaban rexistros precisos en relación ao deseño. No entanto, o investigador numismático R. W. Julian sitúa o inicio da produción a finais de setembro ou a principios de outubro de 1795, en tanto que Don Taxay afirma que os primeiros dólares de prata do busto drapeado se cuñaron en outubro.Taxay, Don (1983) . Páxina 107.
En setembro de 1795, o director da ceca, H. W. de Saussure, escribiulle a súa carta de renuncia ao presidente Washington. Nela facía mención do padrón de prata non autorizado e suxería que se instase o Congreso para que o oficializase, aínda que isto non se realizou.Julian, R. W. (1993). Páxina 42. En resposta á carta de H. W. de Saussure, Washington expresoulle o seu malestar pola dimisión e afirmoulle que tiña unha total satisfacción sobre o período á fonte da Casa da Moeda.Whittmore, Henry (1897). Páxina 80. Como a dimisión de H. W. de Saussure non entraría en vigor ata outubro, o presidente tivo o tempo necesario para a selección do seu substituto.
esquerda|miniatura|209x209px|Elias Boudinot Asumiu o seu posto como director da US Mint o 28 de outubro de 1795.
A persoa escollida para o relevar no cargo foi o político e excongresista Elias Boudinot, quen, ao asumir o seu nomeamento na Casa da Moeda o 28 de outubro, foi informado do padrón de prata que se viñera utilizando desde a cuñaxe das primeiras moedas oficiais de prata do país. Boudinot ordenou inmediatamente que se puxese fin a esta práctica e que se comezase a cuñar coa finura da aliaxe determinada pola Lei da Moeda de 1792, é dicir, o 89,2 % de prata.
A produción total de dólares de prata en 1795, na que se inclúen tanto os do deseño inicial —do cabelo solto— domo os do novo deseño —do busto drapeado—, foi de 203.033 moedas.Yeoman, R. S. (2010). Páxinas 207-208. Estímase que deles se cuñaron aproximadamente 42.000 dólares con este novo deseño.Yeoman, R. S. (2010). Páxina 208. Boudinot ordenou tamén axiña que se aumentase a produción dos valores faciais inferiores ao dólar. Pouco despois, o 27 de novembro de 1795, o ensaiador Albian Cox faleceu repentinamente, co que ficou vacante o seu posto na Ceca de Filadelfia. Este feito, xunto co aumento da atención de Boudinot aos valores máis pequenos, así como unha pausa nos depósitos privados de metal bruto —a única fonte que a ceca tiña naqueles momentos iniciais—, provocou a diminución da produción de dólares de prata en 1796.Julian, R. W. (1993). Páxina 43. A cuñaxe total nese ano foi de 79.920 pezas, o que supón unha redución de aproximadamente o 62 % con respecto ao total do ano anterior.
Os depósitos de metal seguiron diminuíndo e en 1797 a produción de dólares de prata alcanzou o punto máis baixo desde o inicio das cuñaxes estadounidenses en 1794, cunha tiraxe de apenas 7.776 exemplares. Durante ese período, os depósitos baixaron a niveis tales que o presidente Thomas Jefferson depositou persoalmente 300 reais de oito españois en xuño de 1797.
En abril dese mesmo ano, chegárase a un acordo entre a Casa da Moeda e o Primeiro Banco dos Estados Unidos, mediante o cal o banco aceptou subministrar á ceca prata de procedencia estranxeira coa condición de que o banco recibise os seus depósitos de volta en dólares de prata.
A Casa da Moeda permaneceu pechada entre agosto e novembro de 1797 por mor do andazo anual de febre amarela en Filadelfia, que ese ano lle custou a vida ao tesoureiro da Casa da Moeda, Nicholas Way.Taxay, Don (1983) . Páxina 123. No mes de novembro, o Banco dos EEUU depositou aproximadamente 30.000 dólares en prata francesa.
Dólar do busto drapeado (2º modelo) "1 Dollar "Draped Bust Dollar" Heraldic eagle". Numista.com150x150px150x150pxBusto drapeado cara á dereita, rodeado por 13 estrelas. LIBERTY na parte superior. Data no exergo.Aguia heráldica coas ás estendidas ollando á esquerda, cunha cinta no peteiro coa inscrición E PLURIBUS UNUM; setas na gadoupa esquerda e póla de oliveira na dereita; escudo no peito e 13 estrelas encima. Lenda: UNITED STATES OF AMERICA. Valor: 1 dólar. Gravador: Robert Scot. Data do deseño: 1798. Datas de emisión: 1798-1803. Ceca: Casa da Moeda dos EEUU (ceca de Filadelfia). Aliaxe: prata (89,24 %) e cobre (10, 76 %). Diámetro: 39 mm. Peso: 26,96 g. Canto: HUNDRED CENTS ONE DOLLAR OR UNIT.
A principios de 1798 decidiuse cambiar o deseño do reverso dos dólares de prata, polo que a pequena aguia inicial se substituíu por unha máis grande e de carácter heráldico, similar á representada no Gran Selo dos Estados Unidos de América. O acordo acadado co Banco dos EEUU, xunto coa aparición de novos depositantes de prata —entre eles o propio Boudinot—, motivou un aumento no número de dólares de prata cuñados.Julian, R. W. (1993). Páxina 44. A tiraxe dos dólares dese ano, contabilizando tanto o modelo da aguia pequena como da aguia heráldica, foi de 327.536 dólares.Yeoman, R. S. (2010). Páxina 209. As cantidades de cuñaxe do dólar de prata do busto drapeado mantivéronse altas ata 1799, con 423.515 exemplares cuñados ese ano.Yeoman, R. S. (2010). Páxina 210.