Irene Reinhild Agnes Elisabeth Bredt (coñecida polo seu nome de casada, Irene Sänger-Bredt), nada en Bonn o 24 de abril de 1911 e finada en Stuttgart o 20 de outubro de 1983, foi unha enxeñeira e física alemá. É coñecida pola súa intervención no o proxecto Silbervogel (en galego, paxaro de prata), un deseño dun bombardeiro intercontinental no período previo á segunda guerra mundial.
Traxectoria Bredt obtivo o seu doutoramento en Física en 1937 coa súa tese Die Röntgenspektren seltener Erden (Raios X nas terras raras), Magna cum Laude Para o seu primeiro traballo, rexeitou outras ofertas para escoller o daquela pouco coñecido Centro de Investigación Aeronáutica en Trauen, Alemaña, porque alguén lle comentou que quizais facían foguetes. Bredt empezou o seu traballo de investigación como axudante de Eugen Sänger neste centro de desenvolvemento de motores foguete. O seu campo de actividade centrouse na termodinámica e na dinámica de gases, problemas relacionados cos propelentes líquidos utilizados nos foguetes. 890. En concreto dos problemas da combustión do osíxeno líquido en determinados modelos de foguetes. O seu primeiro traballo foi o informe realizado con Eugen Sänger Gaskinetik sehr grosser Fluuggeschwindigkeiten, publicado en maio de 1840 Foi o primeiro estudo que estableceu as fórmulas e os valores da forzas aerodinámicas onde a atmosfera non pode considerarse un medio continuo.
No ano 1936, Eugen Sänger entrara nun contrato da Deutsche Versuchanstalt fur Luftfahrt cuxas especificacións relacionábanse cos motores foguetes e os propelentes líquidos deseñados para eles. Á fin de 1939 os obxectivos deste contrato dirixíronse exclusivamente cara ao seu uso bélico. En consecuencia, Irene e Eugen redactaron o informe Uber einen Raketenantriebe für Fernbomber, que foi enviado para a aprobación de Hermann Göring en decembro de 1941.. A partir de 1940 Särgen comezou un proxecto de estatorreactores aplicados ós avións, chegando a rexistrar o primeiro voo da historia dun aeroplano equipado cun estatorreactor cunha duración de media hora. Porén, a realización deste histórico voo non fora autorizada polo ministerio das forzas aéreas alemás e tanto Sänger como Bredt tiveron que afrontar as consecuencias. En concreto, a súa transferencia a Ainring, Baviera, onde continuaron coa aplicación de estatorreactores baixo a dirección do profesor Walter Georgli no Deutsche Forgschungansalt für Segelfug (DFS). Alí Bredt foi promovida ás funcións de investigadora sénior do Centro de propulsión especial do Insituto. A súa tarefa era o mantemento e a análise dos voos de proba dos estatorreactores.
En 1946, logo da segunda guerra mundial, Bredt e Sänger foron invitados a París polo ministro de aviación francés para continuar as súas investigacións na mesma área no Arsenal de l'Aéronautique francés, máis tarde coñecido como SNECMA.. Bredt e Sänger casaron en 1951. Brendt compaxinou o traballo no Arsenal coas funcións de asesora de enxeñaría na MATRA, a empresa francesa de fabricación de foguetes con sede en París Billancourt ata 1954, ano en que a familia regresou a Alemaña..Entre 1951 e 1958 Brendt foi profesora externa do Insituto de Tecnoloxía en Chrompet-Madras, no sur da India.
Foi membro fundadora da Academia Internacional de Austronáutica en 1959,a única muller.
De 1963 a 1972 traballou como enxeñeira asesora en asuntos espaciais para a compañía Junkers (posteriormente Messerschmitt-Bölkow-Blohm, en Múnic). Ao longo da súa carreira, publicou numerosos artigos e monografías científicas.
Premios e recoñecementos
En 1970 Bredt foi galardoada coa Medalla de Ouro Hermann Oberth, en recoñecemento os seus logros científicos. Membro honoraria nas seguintes entidades: Academia Internacional de Austronáutica, Sociedad Astronáutica Suíza, Sociedade de Investigación do Espazo,Sociedad Alemá para Foguetes e Voos Espaciais, Sociedade Alemá Hermann Oberth—Wernher von Braun, Sociedade Alemá de Aeronaves e Naves Espaciais.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Astronautix Obras no catálogo da Biblioteca Nacional Alemá
Categoría:Nados en Bonn Categoría:Enxeñeiros de Alemaña Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en 1983 Categoría:Físicos de Alemaña Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Enxeñeiros aeroespaciais