Luigi Taveri, nado en Horgen o 19 de setembro de 1929 e finado o 1 de marzo de 2018 nun hospital do cantón de Zúric, foi un motociclista suízo.
Traxectoria Debutou no mundo do motociclismo profesional en 1953 en 350cc pilotando unha AJS. En 1962 venceu o mundial de 125cc cunha Honda. Tamén conquistou seis grandes premios: Francia, Irlanda, Bélxica, Ulster, Alemaña Oriental e Holanda totalizando 48 puntos na clasificación xeral. En 1964 conseguiu o seu segundo mundial, tamén en 125cc, cun total de 46 puntos. En 1966 con cinco vitorias conseguiu o segundo posto. Ó remate desa temporada retirouse da alta competición.
Categoría:Campións do mundo de 125 cc Categoría:Nados en 1929 Categoría:Nados no cantón de Zürich Categoría:Finados en 2018 Categoría:Pilotos de 125 cc Categoría:Pilotos de motociclismo de Suíza