Ernesto Ínsua Olveira, nado en Fisterra o 28 de decembro de 1952Entrevista en La Voz de Galicia ed. Carballo, 26-2-1999 p. 45., é un político e funcionario galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Funcionario do ISM, foi o director das delegacións de Fisterra e Corcubión dende 1978. Foi elixido candidato á alcaldía fisterrá polo PSdeG-PSOE nas eleccións municipais de 1991. Conseguiu triplicar os resultados dos socialistas, logrando 3 edís, e sela segunda forza máis votada contribuíndo a acabar coa maioría absoluta de Valentín Castreje á fronte do PPdeG. Desta forma, explorouse un acordo para logra-la alcaldía co apoio do BNG e do CDS, porén os candidatos destas formacións, Tereixa Novo (3 edís) e José Fernando Carrillo (1 edil), pediron a alcaldía para eles mesmos. Esta situación derivou en que os socialistas acordaron investir a Tareixa Novo e que Carrillo se presentase á investidura, logrando este o apoio do PPdeG e a alcaldía. Porén, as malas relacións entre o centrista e os populares derivou en marzo de 1992 nun pacto de goberno do alcalde co PSdeG e BNG, asumindo Ínsua unha tenencia de alcaldía e concellería de obrasNova en La Voz de Galicia ed. Carballo, 10-3-1992 p. 36..
Nas municipais de 1995 foi de novo candidato socialista. O goberno tripartito mantivo a maioría, se ben Carrillo subiu de 1 a 3 concelleiros a costa do PSdeG e do BNG, pasando a se-la principal forza dos tres. Aínda así, conseguiu que os centristas lle cedesen a alcaldía, polo que foi investido co apoio destes e do BNG, continuando o goberno ata as municipais de 1999, cando decide non presentarse á reelección e volver ó seu traballo no ISM.
Durante os 7 anos de goberno tripartito destacou a promoción turística do concello, moi especialmente vinculada ó Xacobeo e á fin do Camiño de Santiago.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Fisterra
Categoría:Alcaldes de Fisterra Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Fisterra Categoría:Nados en 1952 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes