Le Sommet des dieux é un filme franco-luxemburgués de 2021 dirixido por Patrick Imbert. Baséase no manga xaponés Kamigami no Itadaki de Jiro Taniguchi. Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes en xullo de 2021 antes da súa estrea nos cinemas en setembro de 2021.
Produción O filme baséase na serie manga Kamigami no Itadaki escrita e ilustrada por Jiro Taniguchi, que á súa vez está baseada na novela de 1998 de Baku Yumemakura. En xaneiro de 2015, anunciouse unha adaptación de animación CG en lingua francesa. Orixinalmente, estaba prevista a súa produción por Julianne Films, Walking The Dog e Mélusine Productions, con dirección de Éric Valli e Jean-Christophe Roger. En xuño de 2020, anunciouse que o filme sería finalmente dirixido por Patrick Imbert, con guión de Imbert, Magali Pouzol e Jean-Charles Ostorero, e música de Amine Bouhafa. Tamén se anunciou que sería distribuído por Diaphana Distribution en Francia e Wild Bunch internacionalmente. Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes o 15 de xullo de 2021, antes da súa estrea nos cinemas de Francia o 22 de setembro de 2021.
Internationalmente, Netflix estreou o filme nos cinemas dos Estados Unidos o 24 de novembro de 2021, e no Reino Unido o 26 de novembro de 2021. O filme estivo dispoñible para a súa emisión en streaming o 30 de novembro de 2021.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Luxemburgo Categoría:Filmes ambientados no Nepal