A provincia de Vigo foi unha provincia galega que tivo vixencia en dous períodos do século XIX.

Precedentes miniatura|esquerda|Proxecto de división de España en prefecturas, incluíndo a de Miño Baixo. En 1810, o goberno de Xosé Bonaparte intentou ordenar o territorio español, dividíndoo en 38 prefecturas, ao estilo das establecidas en Francia, e 111 subprefecturas, segundo o proxecto do clérigo Llorente. As prefecturas, coma na Francia actual, recibirían nomes relativos a accidentes xeográficos, fundamentalmente ríos e cabos. Esta división nunca chegou a entrar en vigor.

En Galiza facía unha división, onde aparece a capitalidade da cidade de Vigo nunha prefectura supostamente chamada Miño Baixo. As outras prefecturas galegas serían: Tambre, capital A Coruña; Miño Alto, capital Lugo; e Sil capital Ourense. As de Miño Baixo e Tambre coincidían coas actuais provincias de Pontevedra e da Coruña respectivamente. A de Sil comprendía o sur da actual Provincia de Lugo.

1822-1823 miniatura|Primeiro número do boletín oficial da provincia de Vigo (novembro de 1840). Na división territorial de 1822, realizada no trienio liberal no mes de xaneiro, establécese que en Galiza hai catro provincias, A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo, ademais da provincia de Vilafranca do Bierzo, á que pertencía a Comarca de Valdeorras, que estaba situada na rexión de León. Vigo foi capital da provincia entre o 13 de xullo de 1821 e o ano 1823.

Esta división deu lugar a problemas polos límites e capitalidades, e en 1823 co retorno do Antigo Réxime, quedou sen validez.

En 1833 co decreto de Javier de Burgos establecíase a actual división de provincias, onde Pontevedra tomaba a capitalidade.

1836-1840 Trala división de Javier de Burgos, a cidade de Vigo reclamou a capitalidade, e foille concedida por unha Real Orde do 26 de maio de 1836, que non foi cumprida.

En setembro de 1840, tivo lugar un levantamento liberal na cidade de Vigo e proclamouse capital. Dende o 21 de outubro dese ano publicouse o Boletín Oficial de la provincia de Vigo, do que saíron nove números. Un Real Decreto do 6 de novembro do goberno de Espartero decidiu que mentres non se resolvese outra cousa, a capitalidade da provincia seguise en Pontevedra.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Álvarez Blázquez, José M.ª; "Vigo en el siglo XIX" en Vigo en su historia, pp. 378–389. Caja de Ahorros Municipal de Vigo, 1980. ISBN 84-7231-494-4. Cegarra, Basilio; Vigo na historia, pp. 38–39. Edicións A Nosa Terra, 1998. ISBN 84-89976-42-2. Vázquez Xil, Lalo: Historia de Vigo nos seus documentos, pp. 177–180. Concello de Vigo, 1999, ISBN 84-87637-73-6.

Categoría:Vigo Categoría:Provincias históricas de Galicia