Xaquín Exidio Cuíñas, nado en Cambados en 1966, é un economista e escritor galego.
Traxectoria Economista de formación, está vinculado a proxectos empresariais sobre patrimonio marítimo e turismo náutico. Como escritor, leva publicados tres libros Salgadoiro de queixo e mozzarella (2009), As gotas de mercurio (2021) e Serei os teus ollos en Idomenei (2024).
Foi membro fundador do Clube Mariño Salnés no ano 1998, así como o primeiro presidente. Na actualidade segue ligado a esta asociación como coordinador da escola de vela tradicional. Formou parte da comisión xestora para refundar a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial no ano 1999, ocupando posteriormente o cargo de secretario (2000-2003) e presidente (2003 a 2005). Durante o tempo que ocupou a presidencia, inaugurouse a Escola de Navegación Tradicional da ACD Dorna, celebráronse as edicións do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia 2003 na Illa de Arousa e no 2005 en Cambados, así como tamén se editou o primeiro número da revista Ardentía de cultura marítima publicada por esta entidade.
Participou en proxectos empresariais de cultura marítima como Intramar, onde dirixiu o proxecto divulgativo escolar Cambados á beira do Mar en colaboración coa Confraría de Pescadores de Cambados e a Consellería do Mar, sendo o director e guionista do documental que leva o mesmo nome. Tamén participou no proxecto Natura 42 SL, relacionado co medio ambiente e o Parque Nacional das Illas Atlánticas.
Obras Salgadoiro de queixo e mozzarella, Todogrove, 2009. As gotas de mercurio, Lobisome Producións, 2021. Serei os teus ollos en Idomeni, Lobisome Producións, 2024.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Bou de Vara, blog.
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Cambados Categoría:Nados en 1966