Peter Jeffrey Kelsay Wisoff, nado en Norfolk, Virxinia, o 16 de agosto de 1958, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-57, STS-68, STS-92 e STS-97.

Traxectoria Wisoff graduouse en física pola Universidade de Virxinia en 1980 e é máster e doutor en física aplicada pola Universidade Stanford en 1982 e 1986 respectivamente. Foi seleccionado como astronauta pola NASA en xaneiro de 1990, completando o seu adestramento en xullo de 1991 e participando nas misións STS-57, STS-68, STS-92 e STS-97. Pasou 44,34 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-57 STS-68 STS-92 STS-97

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1958 Categoría:Nados en Virxinia