Juan Manuel García-Gallardo Frings, nado en Burgos o 18 de marzo de 1991, é un xinete de equitación, avogado e político español. Foi o candidato á Xunta de Castela e León nas eleccións autonómicas de 2022 por Vox. Logo de chegar o seu partido a un acordo de goberno co Partido Popular está proposto para vicepresidente da Xunta de Castela e León.
Traxectoria Fillo e neto de avogados, licenciouse en dereito na Universidade Pontificia Comillas e realizou un mestrado dobre de acceso á avogacía e dereito de empresa na Universidade de Deusto. Membro do Centro Ecuestre Miraflores, foi campión de España universitario de hípica en 2012e campión de Castela e León de salto en 2020. Participou no campionato mundial universitario de debate en castelán que se celebrou en Madrid en 2013. En decembro de 2016 entrou a traballar no bufete da súa familia.
Política En xaneiro de 2022 anunciouse que García-Gallardo ía encabezar a lista de Vox ás eleccións anticipadas para as Cortes de Castela e León, malia entrar no partido só en xuño do ano anterior.Logo do seu seu nomeamento, eliminou chíos de twitter con comentarios sobre persoas LGBT, feministas, romanís e inmigrantes; en 2011 escribira "Semella unha grande idea recuperar Raúl para a Eurocopa. Hai que heterosexualizar ese deporte cheo de maricóns". Este comentario en particular defendeuno como unha brincadeira de mocidade.
Durante a campaña, comprometeuse a pactar co gobernante Partido Popular para evitar un goberno dese partido en solitario, e considerouno un partido "adicto ao poder" mais tamén afirmou que non ía haber alianza se o PP non asumía as políticas de Vox, como os incentivos económicos para aumentar a natalidade na comunidade autónoma.
Logo das eleccións, Vox pasou de ter un deputado a 13, co 17% do voto, e mudou no terceiro partido da cámara. Nas negociacións para formar goberno García-Gallardo díxolle ao presidente en funcións Alfonso Fernández Mañueco que só formaría unha coalición de se eliminar dúas normas: unha lei de 2010 sobre violencia de xénero que Vox considera politicamente motivada e que infravalora outras formas de violencia, e un decreto de 2018 que establecía un Consello Asesor para a Memoria Histórica
O 10 de marzo de 2022, Mañueco anunciou a formación dun goberno de coalición con Vox, no que este grupo tería tres conselleiros dos dez do goberno e García-Gallardo sería o vicepresidente. Comprometeuse, tamén, a substituír a lei de violencia de xénero por unha lei de violencia doméstica con independencia do xénero e por primeira volta un partido de ultradereita entraba nun goberno en España dende a transición á democracia.. Así e todo, o presidente da Xunta de Castela e León comprometeuse a que o seu goberno ía ter pleno respecto á orde constitucional e ao Estatuto de Autonomía de Castela e León.
Notas
Categoría:Políticos de Vox Categoría:Avogados de España Categoría:Alumnos da Universidade de Deusto Categoría:Alumnos da Universidade Pontificia Comillas Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados en Burgos Categoría:Procuradores das Cortes de Castela e León Categoría:Xinetes e amazonas de España