Gábor Ferenc Király, nado o 1 de abril de 1976 en Szombathely, é un futbolista profesional húngaro que xoga no Szombathely da OTP Bank Liga. A súa posición é a de porteiro.
Traxectoria Király naceu en Szombathely e comezou a súa carreira nun equipo local, o Haladás Szombathely. En 1997 o club xermano Hertha Berlín fíxose cos seus servizos, e alí ficaría ata o ano 2004 coma titular indiscutible. A súa marcha ese ano supuxo unha decepción para moitos afeccionados do Hertha, mais segundo el mesmo declarou, quería probar sorte na liga inglesa e o Crystal Palace fíxolle unha boa oferta.
Así, no verán do 2004 ficha polo equipo inglés por tres anos, ata xullo do 2007. Tras comezar no banco dos suplentes a tempada pronto pasou a ser titular e a pesar das súas boas actuacións o equipo descendeu á 2ª división inglesa, chamada Championship. Houbo rumores todo o verán do 2005 acerca do seu posible traspaso a clubs como o Arsenal e o Newcastle United mais todo quedou en nada. Arestora segue como porteiro titular do Palace, que tenta volver á división de honra do fútbol inglés.
Gábor leva 104 encontros coa Hungría. Participou na Eurocopa 2016 e converteuse na persoa de maior idade en xogar unha Eurocopa.
Xoga cun pantalón de chándal gris, peza de roupa que o fai característico.
Categoría:Nados en 1976 Categoría:Futbolistas de Hungría Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do Hertha Berlin Categoría:Xogadores do Crystal Palace FC Categoría:Xogadores do West Ham United FC Categoría:Xogadores do Aston Villa FC Categoría:Xogadores do Burnley FC Categoría:Xogadores do Bayer Leverkusen Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Hungría Categoría:Xogadores do TSV 1860 München Categoría:Xogadores do Fulham FC Categoría:Xogadores do Szombathelyi Haladás