Manuel Maneiro Grille, nado en San Cosme de Antes (Mazaricos) en maio de 1943Obituario en La Voz de Galicia, Barbanza, 26-3-2002, p.11. e finado en San Fins de Eirón (Mazaricos) o 24 de marzo de 2002, foi un político galego.

Traxectoria Traballou como perito agrícola e como empregado de bancaObituario en La Voz de Galicia, Barbanza, 26-3-2002, p.11.. Nas eleccións municipais de 1979 encabezou a candidatura da UCD en Mazaricos e foi elixido alcalde cunha ampla maioría absoluta de 11 concelleiros de 13. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura de Coalición Popular e foi reelixido cunha maioría absoluta de 9 concelleiros. Nas municipais de 1987 encabezou a CPG e volveu ser reelixido con maioría absoluta, logrando 8 concelleiros. Neste mandato foi deputado provincial, formando parte do goberno provincial e presidindo o Hospital de ConxoObituario en La Voz de Galicia, Barbanza, 26-3-2002, p.11., naquel momento xestionado pola Deputación da Coruña. Durante os dous primeiros anos de mandato a CPG gobernou en coalición con AP, pese a que os socialistas lograran máis votos e deputados. Porén en xuño de 1989 el e mais outros 2 deputados da coalición (os alcaldes de Santa Comba e Coristanco) apoiaron unha moción de censura dos socialistas contra o presidente popular José Manuel Romay Beccaría, facendo presidente a Salvador Fernández Moreda co cal pasaron a gobernar en coaliciónLa Voz de Galicia, 11-6-1989, p.29..

Nas municipais de 1991 encabezou a candidatura da Converxencia Nacionalista Galega e, pese que revalidou a vitoria, perdeu a maioría absoluta e foi apartado da alcaldía por un pacto dos demais grupos (PPdeG, PSdeG e BNG), que fixo alcalde ó nacionalista Xoán Manuel Ramos Rodríguez pese a lograr tan só un concelleiro; o apoio dos populares veu dado por indicacións de Romay, como vinganza contra Maneiro polo seu apoio á moción de censuraLa Voz de Galicia, Barbanza, 14-6-1991, p.38.. Desta forma permaneceu na oposición e volveu traballar na banca. En xaneiro de 1992 4 dos seus compañeiros uníronse ó PPdeG para apoiar unha moción de censura contra RamosLa Voz de Galicia, 19-1-1992, p.22., pero a falta de apoio final dun dos edís populares asinantes da moción, xunto co doutro concelleiro do partido, fíxoa fracasarLa Voz de Galicia, 25-1-1992, p.1.. Nas municipais de 1995 volveu encabeza-la lista de CNG pero tan só conseguiu un concelleiro, tralo PPdeG (que logrou a alcaldía con maioría absoluta) e o BNG de Ramos.

Vida persoal Estaba casado e tiña 4 fillos. Finou na súa casa na parroquia de San Fins de Eirón.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Mazaricos

Categoría:Alcaldes de Mazaricos Categoría:Alcaldes de Galicia pola UCD Categoría:Alcaldes de Galicia por AP Categoría:Alcaldes de Galicia por Coalición Progresista Galega Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Nados en 1943 Categoría:Nados en Mazaricos Categoría:Finados en 2002 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes