Boris Borisovich Iegorov, nado en Moscova (Rusia) o 26 de novembro de 1937 e finado o 12 de setembro de 1994, foi un cosmonauta soviético que formou parte da misión Voskhod 1.
Traxectoria Iegorov, graduado en medicina polo Instituto Médico de Moscova en 1961 e máster pola Universidade Humboldt de Berlín, foi o primeiro médico en voar ao espazo na misión Voskhod 1 o 12 de outubro de 1964, pasando 1,01 días no espazo. Finou o 12 de setembro de 1994 dun infarto.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Voskhod 1
Categoría:Astronautas da Unión Soviética Categoría:Nados en 1937 Categoría:Finados en 1994 Categoría:Nados en Moscova