Joaquín R. Rodríguez, nado no Porriño e finado en Buenos Aires o 6 de agosto de 1952, foi un xornalista e político galego.
Traxectoria
Emigrou á Arxentina. Foi un dos fundadores da Sociedad Fomento de Porriño y su distrito, da que foi presidente e director do seu boletín. Tamén foi membro da Agrupación Artística Gallega e directivo do Centro Galego de Buenos Aires. Escritor de relatos, colaborou en El Agrario, Correo de Galicia, Vida Gallega e nas revistas arxentinas El Hogar e Novela Semanal. Foi membro da comisión de prensa e secretario xeral do Hogar Gallego e colaborou no seu boletín. Visitou O Porriño en 1933 onde foi obxecto dunha homenaxe organizada pola Federación Municipal Agraria.El Pueblo Gallego, 2-2-1933, p. 12. Finou en Buenos Aires o 6 de agosto de 1952. Vida persoal
Casou en Buenos Aires con María Carretero en 1919.El Correo de Galicia, 9-11-1919, p. 2.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Xornalistas do Porriño Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados no Porriño Categoría:Finados en 1952