Luuk de Jong, nado o 27 de agosto de 1990 en Aigle, é un futbolista profesional neerlandés. Xoga como dianteiro e o seu equipo na actualidade é o FC Barcelona da Liga Santander, onde xoga cedido polo Sevilla FC.Acuerdo con el Sevilla FC para la cesión de Luuk de Jong fcbarcelona.es. Consultado o 1 de setembro de 2021. É irmán do tamén futbolista Siem de Jong.
Traxectoria miniatura|Luuk de Jong nun partido da Europa League en 2011 ante o Rubin Kazán. Comezou no equipo afeccionado DZC'68 xunto co seu irmán Siem. Ambos os dous iniciaron a súa carreira profesional no De Graafschap, mais Siem foi fichado polo AFC Ajax cando xogaba no De Graafschap xuvenil. O 6 de abril de 2009, de Jong foi fichado polo FC Twente cun contrato de tres tempadas que incluía opción a unha máis. Xogou os seus primeiros minutos nun partido de copa ante o SC Joure.
O 18 de xullo de 2012, foi fichado polo Borussia Mönchengladbach de Alemaña por un prezo que alcanzou os 15 millóns de euros. Firmou un contrato co equipo alemán até 2017 e levou o dorsal '9' que xa levara no Twente. O 12 de xullo de 2014, asinou co PSV Eindhoven dos Países Baixos a cambio de 5'5 millóns de euros.
O 1 de xullo de 2019, de Jong fichou polo Sevilla FC da Primeira División Española até 2023. Marcou o seu primeiro tanto co equipo andaluz na vitoria contra o Levante UD por 1-0. Tamén veu porta ante o Real Betis Balompié co gol que lle deu a vitoria no derbi sevillano. O 16 de agosto de 2020, anotou o gol do triunfo contra o Manchester United FC nas semifinais da UEFA Europa League 2019-20, e clasificou ao equipo hispalense para a súa sexta final da UEFA Europa League. Cinco días máis tarde, anotou de novo na final contra o Inter de Milán, marcando dous dos tres goles que lle deron o título ao club por sexta vez.
O 31 de agosto de 2021, previo ao peche de mercado de fichaxes da liga española, o FC Barcelona e o Sevilla FC chegaron a un acordo para a cesión de De Jong até xuño de 2022, baixo petición do adestrador do Barcelona, Ronald Koeman.Acuerdo con el Sevilla FC para la cesión de Luuk de Jong fcbarcelona.es. Consultado o 1 de de setembro de 2021. O equipo azulgrana cambiou de adestrador e rumoreouse cun posible remate da cesión en xaneiro. Malia todo isto, conseguiu anotar nos tres primeiros partidos que xogou en 2022 e finalmente quedou no Barcelona e converteuse nun arma do xogo aéreo nos derradeiros minutos de moitos partidos, xa que salvou un punto ante o RCD Espanyol, e deu a vitoria ante o Levante UD.
Selección nacional Foi seleccionado por vez primeira vez para xogar coa para xogar un amigable contra a e fixo o seu debut substituíndo ao xogador Dirk Kuyt. miniatura|Luuk de Jong coa selección neerlandesa.
Notas
Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados no cantón de Vaud Categoría:Futbolistas dos Países Baixos Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do De Graafschap Categoría:Xogadores do FC Twente Categoría:Xogadores do Borussia Mönchengladbach Categoría:Xogadores do Newcastle United FC Categoría:Xogadores do PSV Eindhoven Categoría:Xogadores do Sevilla FC Categoría:Xogadores do FC Barcelona Categoría:Xogadores da selección de fútbol dos Países Baixos Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2022