Esteban da Gama (en grafía portuguesa, Estêvão da Gama) (ca. 1505 - 1576), foi un navegante, explorador, e administrador colonial portugués, gobernador da Costa de Ouro portuguesa (unha colonia na costa occidental africana, hoxe Ghana, 1529-?) e da India portuguesa (1540-42)"D. Estêvão da Gama" en Artigos de apoio Infopédia [em linha]. Porto: Porto Editora, 2003-2019. [consult. 2019-08-27 13:16:39]. Dispoñíbel na Internet: https://www.infopedia.pt/apoio/artigos/$d.-estevao-da-gama.
Biografía Foi o segundo fillo de Vasco da Gama e de Catalina de Ataíde, irmán de Cristóvão dá Gama, e levaba o nome do seu avó paterno, Estevão da Gama e do seu tío, Estevão da Gama, o irmán máis vello do seu pai (morto na soada viaxe de regreso do que logo sería o Estado da India de 1497-99 que dirixiu o seu pai).
Foi co seu pai á India onde desempeñou o cargo de capitán maior. Substituíu o seu irmán Pablo de Gama como capitán de Malaca en 1538, servindo baixo as súas ordes desde 1534.
Época de gobernador En 1540 foi designado polo rei Xoán III de Portugal como gobernador da India portuguesa (1540-42), polo seu valor no cargo anterior. Cando se converteu en gobernador, efectou unha campaña contra a frota do paxá de Exipto. Comandou a frota que entrou no mar Roxo, coa intención de atacar á frota otomá do porto de Suez, deixando Goa o 31 de decembro de 1540 e chegando a Adén o 27 de xaneiro de 1541. A frota chegou a Massaua o 12 de febreiro, onde Gama deixou un número de navíos e continuou cara ao norte. Ao chegar a Suez, descubriu que os otománs souberan moito tempo antes do seu asalto, o que frustrou o seu intento de queimar as naves varadas. Gama viuse obrigado a volver sobre os seus pasos a Massaua, aínda que facendo unha escala para atacar o porto do Tor, na península do Sinaí.thumb|esquerda|Esteban da Gama no monumento aos Descubrimentos
Unha vez de volta en Massawa Gama atopou aos homes que deixara inquietos xa que foran convencidos polo autodenominado patriarca galego Xoan Bermudes de que debían de proporcionar axuda militar ao asediado Emperador de Etiopía. Gama accedeu ás súas demandas e desembarcou 400 homes, 130 soldados escravos e subministracións suficientes para eles en Massaua e o próximo porto de Arqiqo, deixándoos a cargo do seu irmán Cristóvão dá Gama, antes de partir para a India o 9 de xullo.
Regreso a Portugal e morte Despois de deixar o cargo, volveu a Portugal onde foi elixido gobernador de Lisboa, pero declinou o cargo para tentar ser novamente gobernador da India.
Predecesor:García de Noronha11º gobernador de India portuguesa1540 - 1542Sucesor:Martin Afonso de Souza
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Don Juán de Castro The Voyage of Don Stefano de Gama from Goa to Suez, in 1540, with the intention of Burning the Turkish Galleys at that port (Volume 6, Capítulo 3, eText)
Categoría:Nados en 1505 Categoría:Finados en 1576 Categoría:Gobernadores da India Categoría:Exploradores Categoría:Navegantes Categoría:Mariñeiros