Don Juan Tenorio: drama religioso-fantástico en dos partes é unha peza teatral publicada en 1844 por José Zorrilla. Debedora de El burlador de Sevilla y convidado de piedra (1630), obra atribuída a Tirso de Molina, ambas constitúen as dúas principais materializacións literarias en lingua española do mito de Don Juan.«Don Juan Tenorio». Aula El Mundo. Consultado el 15 de decembro de 2011.Paul Bitternut: «Don Juan Tenorio de José Zorrilla ». Lenguas de Fuego, revista de cultura. Publicado o 6 de novembro de 2005. Consultado o 15 de decembro de 2011.

Personaxes Don Juan Tenorio Don Luis Mejía, o galán rival de Don Juan Tenorio Don Gonzalo de Ulloa, comendador de Calatrava Don Diego Tenorio, pai de Don Juan Dona Inés de Ulloa, filla do comendador e prometida de Don Juan Marcos Ciutti, criado de don Juan Gastón, criado de don Luis Buttarelli, propietario da hostería de El Laurel Brígida, serventa de Dona Inés no convento Dona Ana de Pantoja, prometida de Don Luis Mejía Pascual, servente da familia Pantoja Lucía, serventa da familia Pantoja A abadesa das Calatravas de Sevilla A irmá torneira das Calatravas de Sevilla O capitán Centellas, amigo de Don Juan Tenorio Don Rafael de Avellaneda A estatua de Don Gonzalo (o convidado de pedra) A sombra Dous alguacís Escultor

Argumento A acción transcorre na Sevilla de 1545, nos últimos anos do rei Carlos I.Sevilla en el s. XVI, en Commons. Está dividida en dúas partes.

Primeira parte A obra ten lugar na noite de Entroido. Había un tempo, don Juan e don Luís Mejía fixeran unha aposta dobre sobre «quen de ambos sabía obrar peor con mellor fortuna no prazo dun ano» e «quen dos dous se batía en máis duelos e quen seducía máis doncelas». A historia comeza un ano despois desa aposta. Don Luís Mejía e don Juan vólvense atopar en Sevilla, onde comparan as súas fazañas. Os rivais contan os mortos en batalla (23 de Don Luís e 32 de Don Juan) e as mulleres seducidas (56 de Don Luís e 72 de Don Juan), co que Don Juan resulta vencedor. Con todo, Don Luís vólve desafiar a don Juan dicíndolle que só lle falta na lista «unha noviza que estea para profesar». Don Juan vólvelle apostar a Don Luís non só que conquistará unha noviza, senón que tamén lle quitará a súa prometida, Dona Ana de Pantoja. Don Luís, ante as palabras do outro, envía o seu criado, Gastón, a avisar á xustiza. Don Juan fai o mesmo co seu, Ciutti.

O desafío chega a ouvidos do comendador Don Gonzalo de Ulloa, pai de dona Inés. A moza, que levaba no convento das Calatravas desde a infancia, estaba destinada a casar con Don Juan. Porén, ante os feitos, Don Gonzalo desfai o acordo matrimonial.

Á hostería chegan dúas roldas de alguaciles que arrestan os dous nobres. Don Luís logra saír do cárcere e vaille suplicar a Dona Ana que se manteña firme ante Don Juan, quen irá tras ela. Don Juan tamén sae e na rúa da casa de Dona Ana fai encerrar a Don Luís. Despois conversa con Brígida, a beata comprada do convento, quen lle explica como entrar no convento sen ser visto. Para acabar de asegurar a aposta, Don Juan suborna a Lucía, a serventa de dona Ana, para que abra as portas da casa ás dez da noite.

Namentres, Dona Inés le unha carta de Don Juan en que este lle declara abertamente o seu amor. Ao rematar, Don Juan entra na cela, o que provoca que ela se desmaie, e Don Juan tomáa e lévaa á súa casa. Don Gonzalo chega tempo despois a contarlle á abadesa que a serventa de dona Inés está comprada, e teme polo seu benestar. Aparece entón a irmá torneira, quen anuncia a desaparición de Dona Inés. Na casa de Don Juan, Dona Inés cae nas redes do galán. Unidos polo seu amor, están dispostos a todo.

Nese momento chega Don Luís, quen quere matar a Don Juan. Pouco despois chega don Gonzalo con xente armada. Don Juan manda a don Luís esperar nun cuarto próximo. Don Juan humíllase ante don Gonzalo e suplícalle pola súa filla a cambio de probas que el mesmo dispón, mais Don Gonzalo négase. Don Luís sae do cuarto e tenta aliarse co comendador para mataren a Don Juan. Finalmente, resulta ser este último o asasino, pois mata a Don Gonzalo dun balazo e a Don Luís dunha estocada. Don Juan foxe de Sevilla nun bergantín cara a Italia.Don Juan Tenorio. Guía de lectura y actividades. Junta de Andalucía. Consultado o 15 de decembro de 2011.

Segunda parte Cinco anos despois, Don Juan volve a Sevilla. Buscando o antigo palacio da familia Tenorio, atopa no seu lugar o cemiterio onde están enterrados Don Luís, o Comendador e o resto das vítimas mortas a mans del. Mentres admira as estatuas, don Juan descobre un sepulcro inesperado, o de Dona Inés. A moza morrera de dor ao comprender que Don Juan e ela xamais volverían estar xuntos malia amárense profundamente.

Chegan ao lugar Centellas e Avellaneda, dous vellos amigos de Don Juan. Este convídaos a cear na súa casa xunto co espírito de Don Gonzalo, de onde vén a idea de que Zorrilla puido basearse no Convidado de Pedra de Tirso de Molina. Mentres se atopan ceando, aparece o espectro do Comendador co obxectivo de conducir a Don Juan ao inferno. Con todo, Dona Inés intercede e logra que ambos suban ao ceo entre unha apoteose de anxos e cantos celestiais.

Lugares onde a obra ten acción Hostería de El Laurel: a taberna en que don Juan e don Luís acordaran reunirse un ano despois da súa aposta. Alí desenvólvese case todo o acto I da obra. É propiedade de Cristófano Buttarelli. Rúa da casa de Dona Ana: Don Luís Mejía pídelle a Dona Ana que lle permita acceder á súa casa para defender a súa virtude das pretensións de Don Juan. Porén, é encerrado nunha adega, o que permite que Don Juan realice a súa parte da aposta. Convento da Virxe: onde Dona Inés leva recluída desde o seu nacemento. Quinta de Don Juan: onde é levada Dona Inés tras desmaiarse no convento. Nesta casa don Juan mata a don Gonzalo de Ulloa e a Don Luís Mejía. Cemiterio: o que antes fora o palacio da famillia Tenorio. Alí Don Juan atópase co autor das estatuas e intimídao para que lle dea as chaves do cemiterio. Alí tamén suceden acontecementos sobrenaturais: as estatuas cobran vida, as sombras falan etc. Casa de Don Juan: Don Juan convida a cear alí aos seus amigos Avellaneda e Centellas.

Características románticas

Lugares sombríos: utilízase un lugar tenebroso e solitario, o cemiterio, onde cobran vida as esculturas. Amor imposíbel: entre Don Juan e Dona Inés. Este fai que Dona Inés morra de pena por non poderen estar xuntos, pois Don Juan fuxiu a Italia tras matar a Don Gonzalo e a Don Luís. Os protagonistas: o heroe é solitario e de familia nobre, propio do seu tempo. Oponse á tradición medieval, encarnada por Don Gonzalo. A heroína cumpre cos canons físicos e espirituais e representa a inocencia e a virtude cristiás. Final tráxico: a morte dos dous namorados. Natureza dinámica: as accións suceden case sempre pola noite. Misterio: as estatuas cobran vida, as sombras falan e dáse unha visión idealizada do ceo e do inferno. Predominio do sentimento sobre a razón: Dona Inés estaba realmente namorada de Don Juan e tentaba evadir os seus sentimentos cara a el. Amor e arrepentimento: ao final, Dona Inés salva a Don Juan. Este, amais, acaba por arrepentirse. Outros: pelexas na rúa e uso de antefaces.

Notas

Ligazóns externas

Don Juan Tenorio na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes Don Juan Tenorio no Proyecto Gutenberg Don Juan Tenorio no Tenorio Mendocino de Guadalajara Representación da adaptación de Gustavo Pérez Puig, ofrecida por TVE na emisión do 2 de novembro de 1966 de Estudio 1, con dirección e realización de Pérez Puig e introdución súa e dalgúns dos intérpretes principais; a relación do repartimento, sobreposta, desde o 8:55; a función, a partir do 10:30. Outra copia Outra copia Outra copia Outra copia Repartimento: Don Juan: Francisco Rabal Dona Inés: Conchita Velasco Lucía: Irene Daina Brígida: Tota Alba Dona Ana de Pantoja: Ana María Vidal Don Luis Mejía: Fernando Guillén Ciutti: Juanjo Menéndez Don Gonzalo Ulloa: José María Escuer Don Diego Tenorio: Julio Goróstegui Centellas: Antonio Almorós Buttarelli: José Sepúlveda Avellaneda: Manuel Peiró Gastón: Francisco Dumont Alguacil 1: Francisco Matesanz Alguacil 2: José María Celdrán Outros: Maruchi Fresno, Ricardo Canales, Carmen Luján e Anastasio Campoy. Análise radiofónica da obra Análise monográfica da obra