Cneo Cornelio Escipión, finado en -214, foi irmán de Publio Cornelio Escipión e tío de Publio Cornelio Escipión o Africano. Foi alcumado Calvo.
Traxectoria Despois de ser cónsul romano no 218 a.C. loitou con Haníbal en Italia. Obtivo varias vitorias en Hispania. No 217 a.C. gañou nunha batalla decisiva contra a frota cartaxinesa na desembocadura do Ebro. Derrotou no -215 a Asdrúbal xunto ó seu irmán impedindo así a chegada de reforzos para Haníbal. Foron derrotados e asasinados no ano seguinte durante un ataque masivo cartaxinés cerca de Cartago Nova.
Véxase tamén Bibliografía Simon Hornblower e Tony Spawforth, "Diccionario del mundo clásico", OUP, Barcelona 2002.
Categoría:Militares da Roma antiga Categoría:Finados en -214 Categoría:Gobernadores romanos de Hispania Categoría:Personalidades da Roma antiga do século -III