dereita|miniatura|León das neves tal como se representa no emblema do Tíbet.
O león das neves (en ; gangs seng ge; en ) é un animal celestial do Tíbet. É o emblema do Tíbet, que representa as cadeas montañosas nevadas e os glaciares do Tíbet, e tamén pode simbolizar o poder e a forza, a coraxe e a alegría, o leste e o elemento terra. É unha das Catro Dignidades do budismo shambala. Esténdese sobre as montañas e adoita ser representado de cor branca e cunha melena turquesa. En Viaxe ao Oeste, publicado en 1592, o león das neves aparece representado como un dos Yōkais.
Como emblema nacional do Tíbet miniatura|A bandeira do Tíbet, en uso no territorio dende 1916 até 1950. Presenta dous leóns de neve, entre outros elementos, e aínda é usado polo goberno tibetano no exilio. O seu uso está prohibido na República Popular da China. Dende 1909 até 1959, un só león das neves ou un par deles utilizouse como emblema do Tíbet en moedas, selos postais, billetes e na bandeira nacional do Tíbet. A versión que se mostra á dereita con dous leóns de neve foi introducida polo 13º Dalai Lama en 1912, baseándose en vellos estandartes militares, e aínda é usado polo goberno tibetano no exilio. A bandeira é popularmente coñecida como "bandeira do león das neves" (gangs seng dar cha).
miniatura|esquerda|Selo postal tibetano de 1912 co león das neves.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Bandeira do Tíbet Emblema do Tíbet Historia da moeda do Tíbet
Categoría:Símbolos do Tíbet