Camillo-Guarino Guarini, nado o 7 de xaneiro de 1624 e finado o 6 de marzo de 1683, foi un sacerdote teatino, matemático, escritor e arquitecto barroco.
Nacido en Módena, estudou matemáticas, foi profesor de literatura e filosofía en Messina e arquitecto do duque Filiberto de Savoia, escribiu libros de matemáticas en latín e italiano e o seu Euclides adauctus foi unha das primeiras obras de xeometría descritiva.
Realizou a súa actividade arquitectónica en Turín inspirada na obra de Francesco Borromini, de quen procede o sentido ondulante das estruturas e elementos, o carácter determinante do espazo, creando ámbitos con maior fantasía e variedade formal.
Galería
Categoría:Arquitectos de Italia do século XVII Categoría:Matemáticos de Italia Categoría:Nados en 1624 Categoría:Finados en 1683 Categoría:Nados en Módena