550px|miniatura O territorio do Salvador está repartido en 14 entidades subnacionais de primeira orde denominadas departamentos. Os departamentos son rexidos por un gobernador departamental, nomeado polo Presidente.

Historia No Artigo 6 da primeira Constitución do Estado do Salvador (denominado Estado del Salvador), decretado pola primeira Asemblea Constituínte do Estado, o 12 de xuño de 1824, dividiuse o territorio do Estado en 4 departamentos: San Salvador, Sonsonate, San Vicente e San Miguel. A Constitución atribuíu o fixamento dos límites departamentais ao Congreso do Estado, estableceu un Consello representativo composto dun representante por cada departamento elixido polos seus respectivos pobos e estableceu o cargo de Xefe Político Intendente nomeado polo Xefe do Estado e a cuxo cargo estaba o goberno político e de facenda do departamento.

O 4 de setembro de 1832, emitiuse o Regramento de Xefes Políticos, Municipalidades e Alcaldes. Este regramento estableceu límites e xurisdicións para os Departamentos e regrou o cargo de Gobernador departamental.

A Constitución emitida o 18 de febreiro de 1841 estableceu o cargo de Gobernador, nomeado polo Poder Executivo. A Constitución tamén estableceu dúas Cámaras Lexislativas, unha de Senadores e outra de Deputados, cada Departamento de 30000 habitantes elixiría un Senador propietario e un suplente para a súa representación.

Lista de departamentos DepartamentoCódigo ISOÁrea(km²)Poboación(2013)Densidade de poboación (hab/km²)CapitalEscudoBandeiraAhuachapánSV-AHAhuachapán45x45px45x45pxCabañasSV-CASensuntepeque 45x45pxChalatenangoSV-CHChalatenango 45x45pxCuscatlánSV-CUCojutepeque45x45px45x45pxLa LibertadSV-LISanta Tecla45x45px45x45pxMorazánSV-MOSan Francisco Gotera 45x45pxLa PazSV-PAZacatecoluca 45x45pxSanta AnaSV-SASanta Ana45x45px45x45pxSan MiguelSV-SMSan Miguel45x45px45x45pxSan SalvadorSV-SSSan Salvador45x45px45x45pxSan VicenteSV-SVSan Vicente45x45px45x45pxSonsonateSV-SOSonsonate 45x45pxLa UniónSV-UNLa Unión 45x45pxUsulutánSV-USUsulután45x45px45x45px

Municipios

Os departamentos do Salvador subdivídense en municipios. Ten un total de 266 municipios. As súas últimas eleccións celebráronse o 28 de febreiro de 2021.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Xeografía do Salvador