A Universidade de Harderwijk, tamén chamada Academia Guelders ( ), foi unha universidade holandesa que operaba na cidade de Harderwijk, na República das Sete Provincias Unidas (hoxe Países Baixos), na provincia do Ducado de Gelderland. Estivo activa entre 1648 e 1811.

Historia A Universidade foi pechada, xunto coas de Franeker e Utrecht, por un decreto de Napoleón en 1811, durante a ocupación francesa dos Países Baixos. Poucos anos despois, o rei Guillerme I tentou sen éxito restaurala. Na cidade, con todo, aínda sobreviven algúns dos antigos edificios universitarios, como o salón anatómico, o Hortus ou xardín botánico, e a famosa Torreta Linneo (Linnaeustorentje), que no seu día serviu de prisión para estudantes rebeldes e onde se colocou en 1869 un busto en homenaxe ao gran botánico sueco., pp. 93-95

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas http://www.destentor.nl/regio/veluwewest/932420/Pedel-regeert-weer-op-universiteit.ece (en holandés)

Categoría:Universidades desaparecidas Categoría:Güeldres Harderwijk