Rodolfo J. López-Veiga Ponte, nado na Habana en 1923 e finado en Santiago de Compostela o 6 de marzo de 1999, foi un autor e director teatral galego.

Traxectoria Fillo de Vicente López-Veiga Ramos e Manuela Ponte Martínez. Cando tiña seis anos veu cos seus pais que regresaron a Santiago de Compostela. Estudou no Instituto da Estrada.El instituto de A Estrada acogió de 1933 a 1938 una generación de peso Formou parte do cadro artístico de La Salle e colaborou en Radio Galicia como actor de teatro radiofónico. Estudou dereito e incorporouse ao Teatro Universitario como actor e despois como director durante nove anos. En 1958 estreou a versión en galego de Antígona de Jean Anouilh, traducida por Xosé Manuel Beiras e Xosé Luís Franco Grande, con grande éxito, o que o animou a dedicarse ao teatro galego. En 1960 creou o grupo de teatro de Cantigas e Agarimos, co que estreou na praza da Quintana Os vellos non deben de namorarse de Castelao nas Festas do Apóstolo Santiago de 1961. En 1970 creou o grupo de teatro Rosalía de Castro e en 1979 encargouse da dirección do Seminario de Teatro das Aulas da Terceira Idade. Foi secretario do Patronato Rosalía de Castro. Rexentaba unha camisería na praza de Cervantes. Finou en Santiago de Compostela o 6 de marzo de 1999.El Correo Gallego, 7-3-1999, p. 62."El autor y director teatral Rodolfo López-Veiga fue enterrado ayer en Boisaca", La Voz de Galicia, 9-3-1999, p. 36.

Obras Canto para un poeta malencónico, sobre textos de Rosalía de Castro. Un home chamado Castelao, montada e dirixida por el en 1980. Traduciu ao galego obras de Alejandro Casona, Valle Inclán e John Millington Synge.

Vida persoal

Casou con Lucila Lojo Formoso. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Rodolfo López-Veiga, dez anos esquecido

Categoría:Directores de teatro de Galicia Categoría:Dramaturgos de Galicia Categoría:Nados na Habana

Categoría:Nados en 1923 Categoría:Finados en 1999