Miriam Kapili Kekāuluohi Likelike, nada o 13 de xaneiro de 1851 en Honolulu (Oahu) e finada o 2 de febreiro de 1887 en ʻĀinahau (Honolulu), foi unha princesa de Hawai, irmá do rei Kalākaua. Foi a nai da princesa Kaʻiulani, a última herdeira ó trono de Hawai.
Traxectoria En 1870 casou con Archibald Scott Cleghorn, próspero home de negocios escocés asentado en Honolulu que foi nomeado gobernador de Oahu. O matrimonio mantivo unha relación de amizade con Robert Louis Stevenson que con frecuencia visitaba a súa residencia.
Árbore xenealóxica
Categoría:Dinastía Kalākaua Categoría:Nados en 1851 Categoría:Finados en 1887 Categoría:Nados en Honolulu, Hawai