Cyanocitta é un xénero de aves da orde das paseriformes, suborde dos oscines, infraorde dos Corvida e superfamilia dos corvoideos e familia dos córvidos.Cyanocitta Strickland, 1845 no WoRMS. Consulatda o 27 de abril de 2022.Cyanocitta Strickland, 1845 no GBIF. Consultado o 27 de abril de 2022.Cyanocitta Strickland, 1845 no ITIS. Consultado o 27 de abril de 2022.
O xénero comprende dúas especies americanas amplamente distribuídas por Norteamérica e América Central.
Taxonomia Descrición O xénero foi descrito en 1845 polo naturalista, ornitólogo, taxonomista e xeólogo inglés Hugh Edwin Strickland, nun traballo publicado nas páxinas 260 e 261 de Ann. Mag. Nat. Hist. 15.
Etimoloxía O nome científico Cyanocitta está formado pola unión dos elementos cyano- e -citta, tirados das voces do grego antigo κυάνεος kyáneos, "azul escuro", e κιττα kitta, "pega" (paxaro).Jobling, James A. (2010): The Helm Dictionary of Scientific Names. London, UK: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4, p. 126. Literalmente, "as pegas de cor azul escura".
Especies Na actualidade (2022) recoñécense no xénero as seguintes dúas especies: Imaxe Nome científico Distribución Cyanocitta cristata Leste e centro dos Estados Unidos, e Terra Nova, Canadá. Cyanocitta stelleri Oeste do Canadá, oeste das Montañas Rochosas en Estados Unidos, centro de México e Centroamérica.Walker, L. E.; Pyle, P.; Patten, M. A.; Green, E.; Davison, W., Muehter, V. R. (2016): "Steller's Jay (Cyanocitta stelleri). En Rodewald, P. G., ed. The Birds of North America Online. Ithaca, New York: Cornell Lab of Ornithology. Consultado o 27 de abril de 2022.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Amadon, Dean (1944): "The Genera of Corvidae and their Relationships". American Museum Novitates 1251: 1–21. Goodwin, Derek (1986): Crows of the World. 2ª ed. Londres: British Museum Natural History. ISBN 0-5650-0979-6. Sibley, Charles Gald & Ahlquist, Jon Edward (1990): Phylogeny and classification of birds. New Haven, Connecticut: Yale University Press. ISBN 0-3000-4085-7.
Outros artigos Paseriformes Oscines Corvida Corvoideos
Ligazóns externas Vídeos de córvidos en Internet Bird Collection
Categoría:Córvidos