A obsesión de Kyla (en ) é un filme estadounidense de 2018 dirixido por Damian Romay, escrito por Patrick Robert Young e protagonizado por Rusty Joiner, Lucy Loken e Laura Bilgeri. Conta a historia de Riley (Laura Bilgeri) que se trasladou a un novo instituto onde o seu pai traballa como profesor de inglés. Riley inicialmente ten dificultades para atopar novos amigos, pero finalmente coñece a Kyla (Lucy Loken) e fanse amigas íntimas. Porén, resulta que Kyla está obsesionada co pai de Riley.

Personaxes Rusty Joiner como Chris Lucy Loken como Kyla Laura Bilgeri como Riley Jana Lee Hamblin como Jess Alexandria DeBerry como Tricia (acreditada como Allie Deberry) Bruno Rose como Quentin Lestonja Diaz como Ellis David Ditmore como Janitor

Notas

Categoría:Filmes de 2018 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2018 con versión en galego