A lista dos reis de España comeza cos Reis Católicos porque se considera que España comezou a existir cando a Coroa de Castela e a Coroa de Aragón uniron os seus reinos a través do matrimonio de Isabel I de Castela con Fernando II de Aragón, aínda que os reinos seguiron tendo leis separadas e a denominación da Monarquía incluía varios reinos (a máis común sería Rei de Castela, Aragón, León, Granada e Toledo, aínda que variaba moito). O termo España referíase á Península Ibérica en conxunto até o recoñecemento definitivo da independencia de Portugal en 1668 e o título rei de España só se comezou a utilizar polos monarcas en 1874 (anteriormente Isabel II utilizou o de Raíña das Españas). 300px|dereita|miniatura|Xenealoxía dos reis de España

Casa de Trastámara En 1474 o rei Henrique IV de Castela morreu, deixando un Reino inmerso nunha guerra civil entre Isabel e Xoana de Castela que, finalmente, gañou a primeira. En 1479 era Xoán II de Aragón o que morría, pasando o trono a Fernando, naquel momento rei de Castela por matrimonio coa raíña Isabel; deste xeito empezouse a xestar o que sería a futura monarquía española. En 1492 conquistaron o Reino de Granada, o último territorio islámico na península, e en 1512 Fernando II conquistou o Reino de Navarra co apoio do partido beaumontés e do papa Xulio II, e incorporouno a Castela en 1515. Á morte da raíña Isabel, sucedeulle a súa filla Xoana, quedando o seu pai como rexente; a pesar de ser rexeitado pola nobreza castelá e substituído polo marido de Xoana, Filipe o Fermoso (que chegou a ser xurado rei), Fernando volveu asumir a rexencia tras a repentina morte deste.

Á morte do Rei Católico houbo un período de inestabilidade debido á incapacidade mental da súa filla Xoana, que foi aproveitado polo seu neto Carlos para proclamarse rei en Bruxelas, o que foi recoñecido en Castela; pero en Aragón non houbo acordo en aceptar e en aplicar o testamento do Rei Católico por estar en contra dos foros, o cal conduciu a un período sen rei, no que se paralizou o goberno, ata que finalmente decidiuse xurar a Xoana e Carlos como reis de Aragón.

Imaxe Escudo Nome Monarca desde Monarca ata80px50pxFernando II de Aragón, o Católico(Fernando V de Castela)<small>coa súa esposa, Isabel I de Castela15 de xaneiro de 1475En Castela20 de xaneiro de 1479En Aragón26 de novembro de 1504En Castela23 de xaneiro de 1516En Aragón80px100pxIsabel I de Castela, a Católica<small>co seu esposo, Fernando II de Aragón13 de decembro de 1474En Castela26 de novembro de 1504 80px72pxXoana I de Castela, a Tolaco seu esposo, Filipe I de Castela (1506)co seu fillo, Carlos I de España (1516-1555)26 de novembro de 1504En Castela23 de xaneiro de 1516En Aragón12 de abril de 155590px80pxFilipe I de Castela, o Fermoso<small>coa súa esposa, Xoana I de Castela (1506)12 de xullo de 150625 de setembro de 1506

Casa de Austria A Casa de Habsburgo (ou "de Austria") comezou con Carlos I (V do Sacro Imperio Romano Xermánico). Deixou tras de si unha monarquía española que foi tamén, por algún tempo, soberana dos Países Baixos, de boa parte de Italia e de grandes territorios en ultramar; no entanto, o título de Emperador non pasou aos seguintes monarcas de España.

Imaxe Escudo Nome Monarca desde Monarca ata90px90pxCarlos I, o Emperador<small>coa súa nai Xoana I de Castela (1516-1555)Raíña consorte Sabela de Portugal 14 de marzo de 151616 de xaneiro de 155690px80pxFilipe II, o Prudente Raíña consorte María TudorRaíña consorte Isabel de ValoisRaíña consorte Ana de Austria16 de xaneiro de 155613 de setembro de 159880px80pxFilipe III, o Piadoso<small> Raíña consorte Margarida de Austria13 de setembro de 159831 de marzo de 162180px80pxFilipe IV, o Grande ou o Rei Planeta Raíña consorte Sabela de BorbónRaíña consorte Mariana de Austria31 de marzo de 162117 de setembro de 166585px80pxCarlos II, o Enfeitizado Raíña consorte María Luísa de OrleánsRaíña consorte Mariana de Neoburgo17 de setembro de 16651 de novembro de 1700 90px80pxArquiduque CarlosRei rival de España como Carlos III(En guerra con Filipe V de Borbón)Raíña consorte Sabela Cristina de Brunswick-Wolfenbüttel12 de setembro de 17032 de xullo de 1715

Casa de Borbón Tras a morte de Carlos II sen descendencia, a titularidade da Coroa de España pasa ao seu sobriño-neto, e neto á súa vez de Lois XIV de Francia, Philippe d'Anjou, sendo o primeiro membro da Casa de Borbón en España. Ao ser nomeado Rei de España, Philippe cambia o seu nome a Felipe, mentres que o apelido francés Bourbon foi castelanizado como Borbón.

Imaxe Escudo Nome Monarca desde Monarca ata90px80pxFilipe V, o AnimosoRaíña consorte María Luísa Gabriela de SavoiaRaíña consorte Isabel de Farnesio16 de novembro de 170014 de xaneiro de 1724align="center"align="center"|80pxLois I, o Ben Amado ou o Liberal<small>Raíña consorte Luísa Isabel de Orleáns14 de xaneiro de 172431 de agosto de 172490px80pxFilipe V, o Animoso<small>Raíña consorte Isabel de Farnesio6 de setembro de 17249 de xullo de 174690px80pxFernando VI, o Prudente ou o Xusto<small>Raíña consorte Bárbara de Braganza9 de xullo de 174610 de agosto de 175990px80pxCarlos III, o Político<small>Raíña consorte María Amalia de Saxonia 10 de agosto de 175914 de decembro de 178890px80pxCarlos IV, o Cazador<small>Raíña consorte María Luísa de Parma14 de decembro de 178819 de marzo de 180890px 80pxFernando VII, o Desexado ou o Rei Felón<small> 19 de marzo de 18086 de maio de 1808

Casa de Bonaparte

O único monarca desta casa foi Xosé I, imposto polo seu irmán Napoleón I de Francia despois de invadir España e facer renunciar a Carlos IV en 1808. Gobernou na España ocupada polos franceses e nos seus dominios sen o recoñecemento das Cortes nin da América española, co título de Rei das Españas e das Indias, pola graza de Deus e pola Constitución do Estado. Habitualmente, e por ser un rei imposto, non se considera que Xosé Bonaparte fose un rei propiamente dito e non adoita levar o numeral correspondente.

Imaxe Escudo Nome Monarca desde Monarca ata90px80pxXosé I, Pepe Botella<small>Raíña consorte Julia Clary6 de xuño de 180811 de decembro de 1813

Casa de Borbón (primeira restauración)

A partir da Constitución de 1837, Isabel II pasa a denominarse Raíña das Españas. Imaxe Escudo Nome Monarca desde Monarca ata90px80pxFernando VII, o Desexado ou o Rei FelónRaíña consorte Isabel de PortugalRaíña consorte María Xosefa de SaxoniaRaíña consorte María Cristina de Borbón11 de agosto de 1808O 11 de agosto de 1808 o Consello de Castela declarou nulas as abdicacións de Baiona, recoñecendo a Fernando VII rei de novo, e formáronse rexencias no seu nome.----11 de decembro de 1813O 11 de decembro de 1813 firmouse o Tratado de Valençay, polo que Napoleón recoñecía como Rei de España a Fernando VII29 de setembro de 183390px80pxIsabel II,O nacemento de Isabel II supuxo "o problema sucesorio" co seu tío Carlos María Isidro de Borbón. Véxase Primeira Guerra Carlista. a dos Tristes Destinos<small>Rei consorte Francisco de Asís de Borbón29 de setembro de 183330 de setembro de 1868

Despois da abdicación de Isabel II, houbo dous anos de interregno, durante o cal o goberno de España buscou no exterior un novo monarca.

Casa de Savoia O único monarca desta dinastía é Amadeu I, elixido polas Cortes despois da Revolución de 1868 e a abdicación de Isabel II. O novo título foi Rei de España, pola graza de Deus e a vontade nacional.

Imaxe Escudo Nome Monarca desde Monarca ata90px85pxAmadeu I, o Rei Cabaleiro<small>Raíña consorte María Victoria dal Pozzo16 de novembro de 187011 de febreiro de 1873

Casa de Borbón (segunda restauración) É a segunda restauración, logo da Primeira República Española. O título dos monarcas é Rei de España pola graza de Deus e a Constitución.

Imaxe Escudo Nome Monarca desde Monarca ata90px80pxAfonso XII, o PacificadorRaíña consorte María das Mercedes de OrleánsRaíña consorte María Cristina de Habsburgo-Lorena29 de decembro de 187425 de novembro de 188590px80pxAfonso XIII, o Africano<small>Raíña consorte Vitoria Uxía de Battenberg17 de maio de 1886Foi rei de España desde o seu nacemento. Rexencia de María Cristina14 de abril de 1931

Casa de Borbón (terceira restauración) É a terceira restauración logo da Segunda República Española e a Ditadura de Francisco Franco. O seu título é simplemente Rei de España.

Imaxe Escudo Nome Monarca desde Monarca ata100px80pxXoán Carlos I<small>Raíña consorte Sofía de Grecia22 de novembro de 197519 de xuño de 2014100px80pxFilipe VI<small>Raíña consorte Letizia Ortiz19 de xuño de 2014Actualidade

Notas

Véxase tamén

Categoría:Listas de monarcas