miniatura|Ovos de Periparus ater abietum. O ferreiriño dos piñeiros (Periparus ater, antes Parus ater) é unha ave paseriforme da familia Paridae.
Descrición O ferreiriño é pequeno, mide apenas 11 cm e 8 ou 10 gr de peso. A súa plumaxe é ben característica, coa cabeza negra cunha caracterísca mancha branca na caluga que destaca sobre o resto da plumaxe; o seu lombo é cinsento.
Distribución É común en Europa, Asia e o norte de África. En Galicia é un paxaro común e cóntase entre as especies protexidas.
Notas
Categoría:Páridos Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Aves de Eurasia