miniatura|Peita de nácara A peita é unha especie de peite, cun corpo convexo e un conxunto de púas que se encaixan sobre o moño. Cumpre unha función utilitaria, que é a suxeición do cabelo ou soporte dun elemento téxtil. Porén, tamén ten un carácter ornamental, como elemento de adorno no pelo.
Evolución histórica No último cuarto do século XVIII a peita incorpórase de forma xeneralizada ao adorno principalmente feminino. Así o mostran os retratos de corte tanto en Francia coma en España.
Historicamente, para a fabricación de peitas empregábanse metais nobres como o ouro e a prata, ou ben aliaxes como o latón e o aceiro. Herradón Figueroa Conforme foi avanzando o século XIX medrou o tamaño destas. En consecuencia, o excesivo peso das pezas levou a substituír o metal por materiais máis lixeiros de orixe natural, coma o óso, o marfil ou o carei. A elaboración dunha peita de gran tamaño, a denominada peita española, que alcanzou as súas dimensións máximas a mediados do século XIX, podía chegar a necesitar a cuncha completa dunha tartaruga. Gómez Sánchez, Herradón Figueroa, Montero Redondo y García: p.162 Tratábase dun produto custoso e complexo en canto á súa manufactura. Na segunda metade do século XIX, a irrupción dos "plásticos" industriais que imitaban os materiais nobres e o emprego de moldes simplificou o proceso de manufactura. Amais, incrementou a súa produción e permitiu que a súa fabricación fose moito máis económica. Así, a peita fíxose moito máis popular. Gómez Sánchez, Herradón Figueroa, Montero Redondo y García: p.162 É moi habitual nalgunhas zonas de España desde finais do século XVIII. O seu uso consérvase nas vodas, bautizos, procesións de Semana Santa, touradas, espectáculos tradicionais e espectáculos de música flamenca ou copla.
A mantela, complemento habitual da peita, adoita colocarse sobre esta. Tamén é elemento constitutivo dalgúns traxes típicos, como o de falleira valenciana ou o de flamenca andaluza.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Pena gonzález, Pablo: “Indumentaria en España: el período isabelino (1830-1868)” en Indumenta: Revista del Museo del Traje, nº 0 (2007). Rodríguez de Tembleque, Carmen: “Un traje para la insinuación, la provocación y el recato” en Congreso Internacional de Imagen y Apariencia. Universidad de Murcia (2008)
Categoría:Vestimenta