Boeto (en latín Boethus, en grego ) foi un filósofo estoico grego. Traxectoria Probabelmente viviu pouco antes de Crisipo de Soli e foi autor de varias obras, entre elas unha titulada , 'Sobre a natureza', da que Dióxenes Laercio cita a súa opinión sobre a esencia de Deus, e outra titulada , 'Sobre o destino', que cita tamén Dióxenes Laercio e do que cita o undécimo libro. Probabelmente Cicerón refírese a esta última obra no seu tratado De divinatione. É posíbel que este Boeto sexa tamén o que menciona Plutarco. Notas

categoría:personalidades da filosofía