Julio Sanjurjo López, nado na Coruña cara a 1894, foi un sindicalista galego.
Traxectoria miniatura|Monumento en Oza ós ocupantes da embarcación La Libertaria, obra de Jorge Pastor. Fogueiro. Membro do SIP da Coruña. Foi procesado en maio de 1927 con Gumersindo Alonso Vale por coacción e roubo dunha embarcación.El Correo Gallego, 4-5-1927, p. 2. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse na casa de Manuel Montes Don e logrou fuxir da Coruña nunha pequena embarcación a vela que chegou a Brest en setembro de 1937. Foi xulgado en Ferrol por traizón na causa pola fuxida do Conchita, e declarado en rebeldía.
Cando chegou a Barcelona enrolouse nun petroleiro da CAMPSA co que puido marchar cara ao porto de Marsella, despois de que as tropas franquistas entrasen na cidade. Rematada a guerra ficou en Marsella até mediados de 1941, que decidiu retornar á Coruña onde foi detido e procesado. Preso no cárcere da Coruña, saíu en liberdade provisional en abril de 1943.BOE, 17-4-1943, p. 2441. En abril de 1938 Galicia Libre recolleu a nova do asasinato de Manuel Montes Don e o seu fillo Carlos Montes Babío nun artigo no que Julio Sanjurjo (que asinaba co pseudónimo Anatalio) lembraba os catorce meses de persecución constante nos que conviviu cos falecidos.
Vida persoal Foi irmán de Santiago Sanjurjo López, asasinado en agosto de 1937. Casou con Josefa Rilo Pérez e foi pai de Josefa, Manuela, Julio e Fernando Sanjurjo Rilo.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Apuntes para unha enciclopedia histórica do anarquismo galego (S) Ficha no Centro Documental da Memoria Histórica
Categoría:Sindicalistas da CRG
Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1894 Categoría:Finados en ano descoñecido