Os Xogos Olímpicos de 1976 foron realizados en Montreal, Canadá, entre o 17 de xullo e o 1 de agosto de 1976, coa participación de 6.804 atletas de 92 estados competindo en 21 deportes, foron os primeiros marcados por un grande boicot de estados integrantes do movemento olímpico.

Historia e características Lideradas pola República do Congo, 26 estados africanos, Iraq e Güiana recusaron participar nos Xogos, en protesta pola recusa do Comité Olímpico Internacional en impedir a participación neles de Nova Zelandia, que mandara a un famoso equipo de rugby local de excursión por Suráfrica, país apartado da comunidade deportiva internacional pola súa política racial do Apartheid, facendo que o nivel de diversas probas do atletismo ficase abaixo do se podería agardar, xa que os africanos dominaban esas probas. 250px|miniatura| O Estadio Olímpico (Francés Le Stade Olympique). O prexuízo financeiro marcou os Xogos de Montreal Montreal, conquistou o dereito de sediar os Xogos contra cidades importantes como Os Ánxeles e Moscova.

Economicamente, os Xogos foron un fracaso, causando o maior prexuízo financeiro da historia da competición, máis de 2 billóns de dólares americanos, levando ao Canadá a pasar décadas até conseguir eliminar a débeda contraída para a organización do evento. No campo deportivo, unha nova decepción, por primeira e única vez na historia, o país anfitrión terminaría a competición sen conseguir conquistar unha única medalla de ouro.

Nestes xogos introducíronse as modalidades femininas do baloncesto, balonmán e remo.

Fitos A ximnasta romanesa Nadia Comăneci, de apenas 14 anos, foi a grande estrela de Montreal, ao ser a primeira atleta da historia en recibir a nota perfecta de 10.0 neste deporte, na modalidade de barras asimétricas. A nota tivo que ser presentada nos marcadores eletrónicos do ximnasio como 1.00, pois non fora fabricado para presentar dous díxitos antes da división da fracción, xa que a nota 10 era considerada imposible. Comaneci conquistou tres medallas de ouro e recibiu outras sete notas de 10 do equipo de xurados durante a competición. A ximnasta soviética de ascendencia mongol Nelly Kim tamén conquistou tres medallas de ouro. O ximnasta xaponés Shun Fujimoto conquistou unha excelente nota de 9.7 nas argolas, axudando a conseguir a medalla de ouro por equipos para Xapón, que disputaba a lideranza lado a lado coa URSS. Fujimoto realizou a proba co xeonllo quebrado. Anos despois, cando lle preguntaron se o volvería a facer, respondeu con contundencia: "Non, non o faría"."Fujimoto caps Japanese success", BBC, 29 de setembro de 2000 O soviético Viktor Saneyev consagrouse tricampión olímpico do triplo salto, derrotando o entón marquista mundial, o brasileiro João Carlos de Oliveira. Clarence Hill, das Bermudas, conquistou a medalla de bronce na categoría super-pesado do boxeo, dando ó seu país a honra de se tornar no de menor poboación do mundo (53 500 habitantes na época) en gañar unha medalla nuns Xogos Olímpicos. Jim Montgomery foi a primeira persoa que baixou dos 50 segundos nadando os 100 m libres, gañando na final con 49.99. A República Democrática Alemá superou todas as expectativas finalizando segunda en número de medallas de ouro. Por exemplo, o equipo feminino de natación gañou todos os ouros agás dous, e Kornelia Ender gañou catro. Porén, estes éxitos foron logo socavados debido á dopaxe sistemática organizado polas autoridades deportivas.

Modalidades disputadas miniatura|Participantes Atletismo Baloncesto Boxeo Piragüismo Ciclismo Esgrima Fútbol Ximnasia Halterofilia Balonmán Hípica Hóckey sobre herba Judo Loita Natación Péntatlon moderno Wáter-polo Remo Saltos de trampolín. Tiro Tiro con arco Vela Voleibol

Cadro de medallas

Cadro de Medallas 50px Posición País   Gold     Silver     Bronze   Total 1 20px URSS 49 41 35 125 2 20px Alemaña do Leste 40 25 25 90 3 20px Estados Unidos 34 35 25 94 4 20px| Alemaña do Oeste 10 12 17 39 5 20px Xapón 9 6 10 25 6 20px Polonia 7 6 13 26 7 20px Bulgaria 6 9 7 22 8 20px Cuba 6 4 3 13 9 20px Romanía 4 9 14 27 10 20px Hungría 4 5 13 22

Notas

Categoría:Deporte en 1976 Categoría:Xogos Olímpicos