O show dos Tonechos é un programa da Televisión de Galicia protagonizado por Roberto Vilar e Víctor Fábregas, dúo humorístico coñecido como Os Tonechos.
Historia Logo de actuacións en programas como Con perdón e Luar, o 18 de abril de 2005 emitiuse o programa piloto do seu propio espazo, cunha cota de pantalla do 25.8%. A partir de maio do mesmo ano, emitiuse con regularidade semanal en horario de máxima audiencia.
O programa deixou de emitirse en 2008, e en xaneiro de 2009 os dous actores anunciaron a disolución do grupo.
Características Cada episodio tiña unha duración de 70 minutos, que se emitía en directo agás durante a segunda tempada. O día de emisión era o xoves.
Tempadas A primeira tempada está considerada aínda como a sección que tiña o grupo dentro do programa Luar.
A segunda tempada comezou no ano 2005, pregravada e con novas seccións. Despois da segunda aínda viñeron tres máis, facendo un total de cinco.
Personaxes Personaxes principais Os catro personaxes máis importantes, e que participaron durante toda a serie, son: Antonio "Tonecho" Martínez (Roberto Vilar). Antonio "Tucho" Martínez (Víctor Fábregas). María Isabel "Maribel" (Mariana Carballal). Amadora (Dorotea Bárcena).
Personaxes secundarios Blas (Tonhito de Poi). Manolito (Alfonso Agra). (César Cambeiro). (Roberto Gómez). (Ana Santos). (Patricia Vázquez).
Personaxes convidados Castelao (Antonio Durán "Morris"). Pepe de Betanzos "O Feo" (Lois Soaxe). Delincuente acabado de fuxir do cárcere do Pereiro de Aguiar, acode ao pazo do Roncadoiro, novo fogar dos Tonechos, para recuperar a prata que agochou nos andeis do devandito pazo. (Pepo Suevos).
Locutores/narradores Xoán Diéguez Carlos Jiménez Díaz
Lista de especiais dos Tonechos "Os Tonechos van á obra" "Os Tonechos e o camiño de Santiago" "Os Tonechos van á praia" "Os Tonechos en América" "Os Tonechos van ó mar" "Os Tonechos e a lotería de Nadal" "Os Tonechos nunha de medo" "Os Tonechos no gran hotel" "Os Tonechos e o atraco ó banco" "Os Tonechos: O padriño de Amadora" "Os Tonechos no hospital" "Nadal cos Tonechos" "Os Tonechos no hospital" "Os Tonechos nunha de amor" "Os Tonechos: Nunha de cine" "Os Tonechos van presos" "Os Tonechos: O debate" "Os Tonechos de película" "Os Tonechos van á escola" "Os Tonechos na despedida de solteiro" "Os Tonechos volta e volta"
Audiencia O show dos Tonechos foi o cuarto programa máis visto da TVG na tempada 2006-07, con 193.000 espectadores de media e unha cota de pantalla do 19,8%
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Land Rober Tunai Show
Show dos Tonechos