O oso pardo sirio (Ursus arctos syriacus ou Ursus arctos arctos) é unha subespecie relativamente pequena de oso pardo que é orixinaria de Oriente Medio e a cordilleira do Cáucaso.
Características A pelaxe do oso pardo sirio adoita ser marrón moi claro e de cor palla.The Syrian Brown Bear O pelo da cernella é máis longo, cunha base parda agrisada e adoita ser dun ton diferente do resto do corpo, visto nalgúns individuos como unha franxa escura que atravesa as costas. As cores máis claras adoitan aparecer en altitudes máis altas. As súas patas adoitan ser máis escuras ca o resto do seu corpo. É o único oso coñecido no mundo que ten poutas brancas. É un oso pardo bastante pequeno. Os machos adultos teñen cranios que miden aproximadamente 30-40 cm. O oso pardo sirio pesa ata 250 quilogramos e mide de 101 a 140 cm dende o fociño até a cola.
Pensábase que as poboacións do Cáucaso pertencían a Ursus arctus syriacus e se solapaban coas do oso pardo eurasiático. Son de maior tamaño e máis escuros. No pasado, algúns naturalistas propuxeron que os osos caucásicos pertencían a poboacións híbridas entre os osos pardos eurasiáticos e sirios, pero os resultados de estudos xenéticos mostran que todas as poboacións do Cáucaso son osos pardos eurasiáticos. Pensábase que estes osos mixtos orixináronse durante o Holoceno cando os osos pardos sirios supostamente emigraron cara ao norte e se cruzaron cos osos máis grandes do norte. Hoxe, os expertos consideran que esa hipótese está equivocada. O tamaño da camada varía de un a tres cachorros.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Syrian brown bear camera trap footage in the Caucasus Wildlife refuge, Armenia from World Land Trust Syrian brown bear in Iraq
Categoría:Fauna de Siria Categoría:Fauna de Turquía Categoría:Fauna de Iraq Categoría:Fauna de Irán Categoría:Mamíferos de Azerbaidján Categoría:Mamíferos de Oriente Medio Categoría:Animais descritos en 1828