Ramón Núñez Centella, nado na Coruña o 16 de agosto de 1946, é un divulgador científico galego. Dende o ano 2008 é director do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía da Coruña. "La FECYT nombra a Ramón Núñez Centella director del Museo Nacional de la Ciencia y la Tecnología de A Coruña"
Traxectoria Licenciado en Ciencias pola Universidade de Santiago de Compostela e Master of Arts en Didáctica das ciencias pola Universidade de Nova York, Ramón Núñez dedicouse ó ensino das ciencias dende 1970, cando se integrou no grupo Padres y Maestros, dirixido por Jesús Garrido. Na revista desta asociación publicou numerosos artigos sobre a didáctica e sobre a aplicación das ideas de Jean Piaget á educación científica. Realizou a adaptación a España do programa SCIS, da Universidade de California en Berkeley, para o ensino activo da ciencia a nivel elemental. Entre 1976 e 1977 formou parte do equipo do Project City Science (Universidade de Nova York) baixo a dirección de F. James Rutherford.
En 1981 e 1982 organizou a "Mostra Bibliográfica pra Escola Galega", un catálogo de libros sobre Galicia dirixido a ensinantes e estudantes. Na súa segunda edición recolléronse máis de 800 referencias bibliográficas. En 1982 comezou a escribir artigos de divulgación científica en La Voz de Galicia, baixo o pseudónimo "M. da Cortiña".
En 1983 o concello da Coruña nomeouno director do Servizo Municipal de Educación, dende onde propuxo e deseñou a Casa das Ciencias, inaugurada en 1985 baixo a súa dirección. Dende entón exerceu como divulgador, defendendo a interdisciplinariedade cultural, a diverxencia, o espírito lúdico e a provocación intelectual como ferramenta educativa. Con eses mesmos principios deseñou e dirixiu, ademais, a Domus (Casa do Home) e o Aquarium Finisterrae (Casa dos Peixes), que se inauguraron en 1995 e 1999, respectivamente.
Tamén participou no deseño museolóxico doutros centros, coma o Museo das Ciencias Príncipe Felipe de Valencia, en colaboración con Manuel Toharia, e apoiou e asesorou a creación de museos de ciencia e planetarios en España, coma o Parque das Ciencias de Granada e o Planetario de Pamplona. É autor do guión de numerosas exposicións e programas de planetario e auspiciou diferentes iniciativas para a renovación do ensino das ciencias e a promoción da divulgación científica, coma o Premio Luís Freire de investigación científica.
Colaborador habitual da revista Muy Interesante dende 1991, tamén publicou artigos de opinión e de divulgación científica en xornais coma El País, La Vanguardia, Diario 16 e La Voz de Galicia, onde foi un dos creadores do suplemento "La Voz de la Escuela". En 1992 recibiu o Premio Nacional de Periodismo Científico, outorgado polo CSIC. É membro da Academia de Gastronomía de Galicia, da Asociación Española de Periodismo Científico, da Academia de Ciencias de Nova York e da Royal Institution. Pronunciou centos de conferencias en todo o mundo sobre museoloxía, divulgación, didáctica das ciencias, periodismo científico e historia da ciencia.
Obra Proxectos museolóxicos Casa das Ciencias (A Coruña, 1985) Domus (A Coruña, 1995) Aquarium Finisterrae (A Coruña, 1999) Museo das Ciencias Príncipe Felipe (Valencia, 2000) Museo da Evolución Humana (Burgos, en construción) MUNCYT (A Coruña, 2012)
Libros Nombres comunes, visiones propias: Diccionario heterodoxo, 1996 (ISBN 84-8211-087-X) Guía para perderse en Domus (Coordinador), 1997 (ISBN 84-86836-67-0) Galileo, mensajero de las estrellas (Coordinador), 2002 (ISBN 84-95600-10-2) Galicia, camiño celeste (obra colectiva), 2003 (ISBN 84-08-07545-5) O marisco en Galicia (obra colectiva), 2004 (ISBN 84-9785-035-1) Tocar, pensar, sentir, soñar, 2005 (ISBN 84-95600-32-3) La huella de Einstein (Coordinador), 2005 (ISBN 84-689-4110-7) Esta es mi gente, 2007 (ISBN 84-935631-0-3) Un científico en la cocina, 2007 (ISBN 84-08-07545-5) Esta es mi gente. Inventos y anécdotas de 46 mentes prodigiosas, 2007.
Exposicións máis relevantes Nuevos materiales (1989) Madera del aire (1990) Las vueltas que da la vida (1992) Hache-dos-O (léase agua) (1993) El rostro humano (1995) Blanca y redonda (1997) Amarillo por naturaleza (1997) De craneo et calvaria (1998) Sección de Genética (Domus 2002) Bosque de cromosomas (MCPF Valencia 2003) Vacunas para todos (2003) Palabras de la Ciencia (2004) Los huesos vivientes (2004) Homínidos y homínidas (Domus 2005)
Principais programas de planetario El Zodíaco (1987) La Familia del Sol (1989) Vía Láctea (1993) Crónicas marcianas (1996) Galileo, mensajero de las estrellas (2001) Cita con Venus (2004)
Módulos expositivos destacados El esqueleto azul (Domus 1995) Gioconda Sapiens (Domus 1995) El gabinete del Capitán Nemo (Aquarium Finisterrae 1999) El gen de la telomerasa (Domus 2002)
Notas
Categoría:Científicos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1946 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela