miniatura|Tumba de Božena Němcová no cemiterio de Vyšehrad. Božena Němcová, nada en Viena o 4 de febreiro de 1820 e finada en Praga o 21 de xaneiro de 1862, foi unha escritora checa, fundadora da prosa moderna en lingua checa, representando o tránsito do romanticismo ó realismo.

Traxectoria comezou escribindo poesía de ton patriótico, eslavista e feminista: Slavné ráno, Ženám českým e Moje vlast, pero a súa principal participación nas letras checas vai vir dada pola súa prosa, a súa obra máis coñecida é a novela Babička (A avoíña) publicada en 1855 no que retrata a enxebreza e as tradicións checas.

Categoría:Escritores en lingua checa Categoría:Nados en 1820 Categoría:Finados en 1862 Categoría:Nados en Viena Categoría:Feministas da República Checa