Acontecementos En Atenas, Pisístrato, apoiado por Tebas e Argos, arríncalle definitivamente o poder ao partido aristocrático e impón unha tiranía moderada, respectando e mesmo impoñéndolle á oligarquía as leis de Solón e deixando ficar as maxistraturas. Unifica a Ática, estende a influencia de Atenas, retoma o control dos Dardanelos e faise co Quersoneso táurico (actual Crimea). A Frixia, debilitada polas invasións cimerias, é anexada pola Persia após a vitoria de Ciro II sobre Creso. Ciro o Grande conquista a Lidia, a Xonia e a Eólide. Destrúen Magnesia, Colofón e Esmirna. Os foceos, cuxa cidade tamén é destruída, refúxianse nas súas colonias do Mediterráneo occidental (Alalia). Mileto sálvase ao declararse aliada dos persas.

Nacementos

Mortes Anaximandro de Mileto (n. 610 a.C.), filósofo presocrático.

Outros Historia ano a ano

Categoría:-546