A etimoloxía dos elementos químicos é en certa medida variable debido a que moitos deles xa se coñecían en tempos dos gregos e dos latinos, e existen algúns cuxo nome se remonta a aquela época. Co establecemento da química coma ciencia e a sistematización da súa investigación, comezaron a bautizarse os elementos para honrar a científicos cos nomes das súas persoas ou cos dos seus lugares de procedencia.
A seguinte listaxe reflicte as devanditas orixes, indicando entre parénteses o número atómico.
Elementos con nomes patrimoniais Cobre (29), do latín cuprum. Chumbo (82), do latín plumbum. Estaño (50), do latín stannum Ferro (26), do latín ferrum. Ouro (79), do latín aurum. Prata (47), do latín plattum (prato). Xofre (16), do latín sulphure.Dicionario Xerais da Lingua
De orixe grega Actinio (89), de ακτίς, ακτίνος ("raio luminoso"). Argon (18), de αργóν ("inactivo"). Ástato (85), de ἄστατος ("inestable"). Bario (56), de βαρύς ("pesado"). Berilio (4), de βήρυλλος ("berilo"). Bromo (35), de βρόμος ("fedor"). Cloro (17), de χλωρός ("verde amarelado"). Cripton (36), de κρυπτός ("agochado"). Cromo (24), de χρῶμα ("cor") Iodo (53), de ἰώδης ("violeta"). Lantano (57), de λανθάνειν ("xacer agochado"). Litio (3), de λίθος ("pedra"). Neon (10), de νέος ("novo"). Osmio (76), de ὀσμή ("olor"). Rodio, de ῥόδον (rosa), pola súa cor. Talio (81), do grego θαλλός ("gromo verde"), polas liñas verdes do espectro. Tecnecio (43), de τεχνητός ("artificial"). Titanio (22), de τιτάν ("Terra"). Xenon (54), de ξένος ("estranxeiro").
Nomes compostos de orixe grega Antimonio (51), que significa "contrario" (anti) + "á soidade" (monos), pola súa reactividade Hidróxeno (1), que significa "creador" (xeno) + "de auga" (hydros) Nitróxeno (7), que significa "creador" (xeno) + "de nitratros/nitritos" (nitros) osíxeno (8), que significa "creador" (xeno) + "de óxidos" (oxys) Protoactinio (91), que significa "orixe, antecedente" (protos) + "do actinio" (outro elemento) Fósforo (15), de φῶς + -φόρος ("portador de luz").
O didymium (xemelgo) foi separado en dous elementos: Praseodimio (59), que se derivou de πράσιος δίδυμος (xemelgo verde). Neodimio (60), que se derivou de νέος διδύμος (xemelgo novo).
Nomes mitolóxicos Helio (2), de Helios, deus grego do Sol. Niobio (41), por Niobe, filla de Tántalo na mitoloxía grega. Promecio (61), por Prometeo, titán da mitoloxía grega. Tántalo (73), por Tántalo, fillo de Zeus na mitoloxía grega.
Nomes de corpos celestes Selenio (34), de Selene, o nome grego da Lúa. Paladio (46), en honor ó asteroide Pallas, descuberto dous anos antes, que leva ese nome por Palas Atenea. Cerio (58), de Ceres, planeta anano do cinto de asteroides. Mercurio (80), de Mercurio, o primeiro planeta (por orde de proximidade ó Sol) do sistema solar e tamén un deus da mitoloxía grega. O termo "azougue" procede do árabe az-zauq ("o mercurio"). Uranio (92), de Urano, o sétimo planeta do sistema solar e tamén un deus da mitoloxía grega. Neptunio (93), de Neptuno, o oitavo planeta do sistema solar e tamén un deus da mitoloxía grega. Plutonio (94), de Plutón, o maior planeta anano do Cinto de Kuiper, e tamén un deus da mitoloxía grega.
De orixe latina Aluminio (13), de alumen ("alume"). Arsénico (33), derivado á súa vez do grego ἀρσενικόν, adaptado do siríaco e o persa. Calcio (20), de calx ("cal"). Cadmio (48), do latín cadmia, derivado do grego καδμεία, nome dun mineral. Cesio (55), de caesius ("azul celeste"). Flúor (9), de fluor ("regato"). Indio (49), pola súa cor azul (índigo). Iridio (77), do latín iris ("arco da vella"). Radio (88), de radius ("raio"). Rubidio (37), de rubidus ("rubio"). Silicio (14), de silex, -icis ("sílex"). Telurio (52), do latín tellus ("Terra").
En honor a persoas
Bohrio (107), por Niels Bohr. Copernicio (112), por Nicolao Copérnico. Curio (96), por Marie e Pierre Curie Einsteinio (99), por Albert Einstein. Fermio (100), por Enrico Fermi. Flerovio (114), por Georgy Flyorov. Gadolinio (64), por Johan Gadolin. Laurencio (103), por Ernest Lawrence. Mendelevio (101), por Dmitri Mendeleev. Meitnerio (109), por Lise Meitner. Nobelio (102), por Alfred Nobel. Oganesson (118) por Yuri Oganessian. Roentgenio (111), por Wilhelm Röntgen. Rutherfordio (104), por Ernest Rutherford. Seaborgio (106), por Glenn T. Seaborg. Samario (62), por Vasili Samarsky-Bykhovets. Volframio (74), por Peter Woulfe. O nome "tungsteno" procede do sueco e dinamarqués tung sten ("pedra pesada").
Derivados dun nome de lugar
Americio (95), polo continente americano. Berkelio (97), pola cidade de Berkeley (California). Californio (98), por California. Darmstadtio (110), por Darmstadt (Alemaña). Dubnio (105), por Dubna (Rusia). Escandio (21), por Scandia (nome latino de Escandinavia). Estroncio (38), de Strontian (Escocia). Europio (63), polo continente europeo. Francio (87), por Francia. Galio (31), pola Galia (antiga Francia). Hafnio (72), por Hafnia (nome latino de Copenhaguen). Hassio (108), polo estado alemán de Hesse. Holmio (67), por Holmia (nome latino de Estocolmo). Livermorio (116), por Livermore, California. Lutecio (71), por Lutetia (nome latino de París). Magnesio (12) e manganeso (25), de Magnesia (Grecia). Moscovio (115), por Moscova. Nihonio (113), polo Xapón (Nihon). Polonio (84), por Polonia. Renio (75), polo río Rin (Rhenus en latín). Rutenio (44), de Rutenia (Rusia). Ténnesso (117), polo estado norteamericano de Tennessee. Tulio (69), por Thule, lugar mitolóxico identificado con Escandinavia. Xermanio (32), por Xermania (antiga Alemaña).
A partir da localidade sueca de Ytterby nomeáronse o itrio (39), o terbio(65), o erbio (68) e o iterbio (70).
Outras orixes Bismuto (83), do latín moderno bisemutum, que procede do alemán Wismuth ("masa branca"). Boro (5), do persa بوره (burah) ("bórax"). Carbono (6), do francés charbonne ("carbón"). Cinc (30), do alemán Zink. Circonio (40), do árabe زركون (zarkûn) ("semellante ao ouro"). Cobalto (27), do alemán Kobold ("espírito do mal"). Níquel (28), do sueco Kopparnickel ("rocha de cor do cobre"). Platino (78), do castelán platina ("prata pequena"). Potasio (19), do inglés potash, mineral de potasio que se obtén nunha pota (pot) a partir das cinzas (ash) de madeira ou follas queimadas. Radon (86), contracción de "emanación do radio". Sodio (11), do inglés soda ("bicarbonato de sodio"). A palabra inglesa soda probablemente derive do italiano (sida) ou do latín medieval (soda). Torio (90), polo deus nórdico Thor. Vanadio (23), de Vanadís, un dos nomes da deusa Freia.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Elementos químicos Categoría:Etimoloxía