O lucio,lucio no Dicionario da RAG. Esox lucius, é unha especie de peixe actinopterixio da orde dos esociformes e familia dos esócidos, unha das sete incluídas no xénero Esox.

Características Pode chegar a alcanzar un enorme tamaño, de até 1,8 m de lonxitude. A súa gran boca es similar á dun pato; a aleta caudal é tipicamente bifurcada; non presentan espiñas nas aletas; as escamas son cicloides, pequenas e numerosas; a liña lateral é completa. Ten poros cefálicos que lle permiten asegurar o que hai ao seu redor.

Hábitat, distribución e bioloxía Esox lucius é un habitante típico das augas doces e salobres do Hemisferio Norte, concretamente nas zonas máis frías de Europa, Asia e América do Norte.Crossman, E. J. (1996): "Taxonomy and distribution". pp. 1-11. En J. F. Craig, ed. Pike biology and exploration. Londres: Chapman and Hall (Ver mapa de distribución).

É un depredador moi voraz que caza ao axexo, alimentándose dunha gran diversidade de peixes e outros vertebrados, situándose no cumio da pirámide trófica nos ríos nos que vive.

Paleontoloxía Aparece por primeira vez no rexistro fósil no Cretáceo superior.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Joseph S. Nelson (2006): Fishes of the World. 4th ed. Hoboken, Nova Jersey: John Wiley & Sons. ISBN 0-4712-5031-7.

Outros artigos Esociformes Esócidos Esox

Categoría:Esociformes