Santiago de Gustei é unha parroquia situada no concello de Coles na provincia de Ourense. Segundo o padrón municipal de 2005 tiña 875 habitantes (461 homes e 414 mulleres), distribuídos en oito entidades de poboación: Gustei, Pobadura, Seara Vella, Sequeiros, Sobral, Vilarnaz, Boncomezo e Soutullo de Arriba.
Durante o antigo réxime a parroquia pertenceu á xurisdición de Gustei, dependente da diocese de Ourense. En 1812 e 1820 constituíuse como concello de seu, integrándose en 1835 no de Coles.
Patrimonio A igrexa parroquial é de orixe románica, construída na segunda metade do século XII. Desa época consérvase a fachada, a porta do muro sur, e un tramo da ábsida. En 1979 foi declarada patrimonio arquitectónico de interese histórico-artístico. No altar maior hai unha figura en pedra policromada de Santiago o Maior en postura sedente de mediados do século XIII.
Lugares e parroquias Lugares de Gustei
Parroquias de Coles
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Coles
Categoría:Parroquias de Coles Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior