Denomínase delta ó territorio triangular formado na desembocadura dun río, mediante a acumulación de sedimentos que se depositan a medida que a corrente do río vai desaparecendo.

Características Está composto por brazos fluviais que separan ás illas en que se viñeron depositando os sedimentos carretados por ese río, ó chegar ó mar, océano ou lago. Os depósitos dos deltas dos ríos máis grandes caracterízanse polo feito de que o río se divide en múltiples brazos que se abren e se xuntan para formar un cúmulo de canles activas e inactivas.

O delta máis famoso é o do río Nilo, e é de onde procede o nome co que denominamos a este tipo de desembocadura, pois dito río ten unha desembocadura de forma marcadamente triangular, que o asemella moito á forma da letra grega Delta , motivo polo cal foi así amentado polo historiador Heródoto .

Xénese dun delta miniatura|esquerda|200px|Este delta formouse na costa sueste de Groenlandia, preto de Narsarsuaq.

O delta fórmase pola deposición, nun espazo que adoita tomar unha forma triangular, do material arrastrado polos ríos ó se producir unha diminución brusca da velocidade do fluxo, que pode ser causada pola súa desembocadura no mar, nun lago, ou noutro río máis ancho e incluso nos océanos, aínda que isto último é menos frecuente.

Os deltas e os esteiros constitúen as dúas formas principais de desembocadura dos ríos nos mares, océanos, lagos ou noutros ríos máis grandes. A súa presenza nas desembocaduras está orixinada pola amplitude das mareas: cando as mareas son moi intensas, a desembocadura dos ríos nos océanos adoitan ser do tipo de esteiro xa que durante a preamar, se represan as augas do río, mentres que na baixamar se produce unha grande aceleración da velocidade das augas, o cal dá orixe a unha especie de limpeza do leito que impide a acumulación dos sedimentos que forman as illas no caso dos deltas. É polo mesmo que os deltas acontecen máis nos lagos, mares e ata en ríos grandes, onde as augas non sofren a acción das mareas, ca no caso dos océanos abertos.

dereita|200px|miniatura|O delta do río Ganxes, na India e Bangladesh é unha das rexións máis fértiles da terra.

Así a todo, existen excepcións a esta regra, coma no caso do Delta do Orinoco en América do Sur e do Níxer en África, que son lugares onde a acción das mareas é moito menos importante ca nas latitudes medias.

Naqueles lugares en que a formación do delta está dominado polo río e está menos suxeito á acción das mareas, pódese formar un delta con forma polilobular. O delta do río Mississippi é un exemplo deste tipo de formacións.

Nalgúns casos bastante pouco habituais, o delta se encontra nun val moi longo e coñécese como delta fluvial invertido. Ás veces un río divídese en moitas ramas nunha área terra dentro, só para volver a se xuntar e continuar ata o mar. Isto adoita ocorrer en zonas en que antigamente puido haber un lago. O caso máis notable deste tipo é o delta interior do río Níxer.

O material que forma o delta é bastante variado, podendo estar formado por unha mestura de arxila, limo, area. Estes materiais poden ser arrastrados pola corrente en función da velocidade desta, e se amorearse ou non, segundo sexa a maior ou menor intensidade das mareas.

O solo dos deltas é xeralmente fértil aínda que algunhas veces teñen un nivel de sal algo elevado.

Deltas famosos 200px|miniatura|esquerda|Arrozais no delta do Ebro A continuación móstrase unha lista con algúns dos deltas máis famosos:

Delta do Amazonas. Delta do A Camarga (río Ródano). Delta do Colorado. Delta do Danubio. Delta do Ebro. Delta do Ganxes. Delta do Indo. Delta do Lena. Delta do Mekong. Delta do Mississippi. Delta interno do Níxer (terra dentro). Delta do Níxer. Delta do Nilo. Delta do Okavango. Delta do Orinoco. Delta do Paraná. Val de Río Grande. Delta do Rin. Delta do Sacramento. Delta do Volga. Delta do Yangtzé. Delta do Yukón. Véxase tamén

Categoría:Ríos Categoría:Accidentes xeográficos fluviais