Maria Angela Cassol, nada en Nettuno, Roma, o 27 de outubro de 1956, é unha medallista e deseñadora de moedas italiana, vinculada ao Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato.
Traxectoria En 1976 acadou unha diplomatura en Artes Aplicadas, sección de Arte Metálica e Xoiaría, no Instituto Estatal de Arte de Anzio, Roma, e en 1981 graduouse en escultura na Academia de Belas Artes de Roma, onde foi alumna do escultor Emilio Greco. Logo complementou a súa formación durante tres na Escola de Arte da Medalla do Instituto Poligráfico e Ceca do Estado, institución na que desde 1987 exerce como gravadora."Maria Angela Cassol". Mebnet.altervista.org
Obra Entre os seus traballos hai varias moedas circulantes destacadas, como é o caso do anverso os 20 céntimos de euro italianos cuñados a partir de 2002, dedicada á obra de Umberto Boccioni Forme uniche della continuità nello spazio ("Formas únicas de continuidade no espazo"). Cassol tamén é autora da moeda de 2 euros de Italia de 2019 dedicada a Leonardo da Vinci, e de máis dunha vintena de moedas conmemorativas italianas, tanto do sistema da lira como do do euro.Moedas gravadas por Angela Cassol. Numista.com
Ademais das moedas italianas, tamén están entre os seus deseños diversas moedas circulantes e conmemorativas da serie do euro emitidas polo Vaticano e por San Marino, e cuñadas na ceca pública italiana.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de deseñadores das moedas de euro
Categoría:Nados na provincia de Roma Categoría:Nados en 1956 Categoría:Deseñadores de moeda de Italia Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Escultores de Italia Categoría:Personalidades sen imaxes